Noticias de Hoy
jose saramago
Fecha: 04/12/2017 a 05/12/2017

II Xornadas Internacionais José Saramago en Pontevedra

II Xornadas Internacionais José Saramago en Pontevedra

A segunda edición das Xornadas Internacionais José Saramago, organizadas pola I Cátedra Internacional José Saramago, realizaranse na Casa das Campás de Pontevedra, ao longo dos días 4 e 5 de decembro.

Este ano o tema elixido é “Saramago nos 300 anos do Convento: Comunicación, Arte e Política”. Tres eixos vertebradores que servirán de base a estudosos de diferentes áreas do coñecemento para traballar sobre a obra do Premio Nobel e actualizar a lectura da mesma.

A diversidade e cooperación constituen os valores que guían este novo proxecto. As activi-dades destínanse tanto a especialistas de varias áreas do cenecemento coma ao alumnado da Universidade de Vigo, máis tamén ao público en xeral.

Algún dos temas abordados serán: política, feminismo, a aplicación da literatura noutras artes, poesía, dobraxe e outras aproximacións á vosa disposición no programa adxunto. Contaremos coa presenza de persoeiros internacionais, exposicións de arte e videoxogos e unha obra teatral a cargo do Grupo de Teatro Amador Eu.Experimento, que servirá de peche para estas xornadas.

Entrada libre ata completar cabida.

jose saramago E