Ibuprofeno Teatro presenta: O Furancho, en Vigo
Marián Bañobre e Isabel Risco, artistas multidisciplinares, sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, preséntannos a súa última creación: O Furancho.
Unha nova aposta empresarial que cheira a éxito a pesar do contexto hostil no que vivimos.
Un espazo cargado de “agroglamour” no que se fusiona o “trendy” con elementos propios da máis pura tradición, como os zocos e o pololo, creando un todo harmónico que sintetiza o pasado co presente, o rural co cosmopolita, o loureiro coas novas tecnoloxías.
Dúas mulleres fortes, con carácter e desbordante personalidade, que definen á perfección a esencia enerxética e desvergonzada das pallasas: dúas iconas femininas que foron, son e serán referentes de beleza universais e fonte de inspiración para todas esas loitadoras que son quen de poñer o mundo patas arriba para lograr que os seus soños se fagan realidade.
Compañía: Ibuprofeno Teatro
Espectáculo: O Furancho
Idioma: galego
Idade recomendada: público adulto
Duración: 80 minutos
Prezo: 5 €