Historia do tren de xoguete.
Esta exposición, organizada pola Deputación de Pontevedra, permite realizar unha suxestiva viaxe pola historia ferroviaria española a través dos trens de xoguete e os seus accesorios.
As pezas seleccionadas, orixinais e de fabricación española, proceden da Colección Quiroga-Monte, composta por máis de 1.500 exemplares, cifra que a sitúa entre as máis significativas e completas do país.
A mostra permítenos recordar que se cumpren 130 anos dende que en 1884 chegou, procedente de Redondela, a primeira locomotora a Pontevedra..