Hefesto 2017. Arte Inclusiva en Pontevedra
A Concellaría de Benestar Social Municipal centra este ano o programa Hefesto no mundo da arte a través creadores locais. Co título Arte Inclusiva, o proxecto ten como finalidade promocionar a inclusión social e a participación activa das persoas con discapacidade na dinámica cultural da cidade.
Establecerase un entorno onde persoas con diversas capacidades poidan compartir unha experiencia artística común mediada por artistas locais. Crearase unha canle de relación que rompa barreiras sociais e normalice coma algo cotián os espazos de convivencia inclusivo.
As asociacións que participarán no Hefesto 2017 son: Amencer, Asociación Amizade, XOGA, Asociación Juan XXIII e Xuntos Asociación Síndrome de Down. E as datas nas que se impartirán estas xornadas, dirixidas polo equipo de Martina Dadá son:
- 6 de outubro. 10:30 a 13:30 (Casa Azul). Graffiti Hefesto por O’Ras
- 3 de outubro. 10:30 a 13:30 (Casa Azul). Estudio escultórico do voo dun paxaro en escaiola por Basilisa Fiestras.
- 20 de outubro. 10:30 a 13:30 (Casa Azul). Refuxios Sensoriais por Román Corbato.
A Concellaría reserva 15 prazas por xornada para as entidades participantes no Hefeso, pero tamén abre a posibilidade de que o público en xeral se poida anotar. Para estes casos están reservadas 5 prazas por sesión.