Noticias de Hoy
Guerrilla Pontevedra
Fecha: 29/09/2023 a 30/09/2023
Horario: 01:00 a 01:00

Guerrilla en Pontevedra

Guerrilla cumpre tres anos en Pontevedra e celébrao coa súa programación máis extensa e ambiciosa. Os días 29, 30 de setembro e 5, 7 e 8 de outubro pasarán por Pontevedra artistas como Mercedes Peón, Leo Bassi, MJ Pérez, O Rabelo, Olatz Gorrotxategui ou Fermín Muguruza. Os asistentes poderán gozar de teatro, clown, música e audiovisuais nos que se tratan as principais loitas sociais dun xeito transversal. 

A interseccionalidade nas loitas sociais é a esencia de Guerrilla este ano. Abordarase os feminismos e a diversidade afectivo sexual e de xénero con MJ Pérez e O Rabelo; Recordarase  a loita das traballadoras da fábrica de Pontesa a través da performance de Mercedes Peón; viaxarase ata a época do rock radical vasco coa obra de teatro de Olatz Gorrotxategui ‘Mierda de Ciudad: la historia del rock radical vasco”’; Leo Bassi fará  rir a todo o público coa súa obra 70, na que reflexiona sobre o paso do tempo e a vellez dende unha perspectiva cómica e tamén poderemos ver o documental Bidasoa 2018-2023, que recorda as persoas migrantes que faleceron no río do mesmo nome mentres intentaban cruzar a fronteira entre Irun e Hendaia. Nesta actividade contaremos cun coloquio posterior de  Essoh Romeo Atchori, Yedoh Aetz Atchori Lazkano e Miren Larraitz Lazkano Vendrell.