Noticias de Hoy
Fecha: 02/05/2014
Horario: 23:30

García Mc

García Mc (Ghamberros, Dios Ke Te Crew, Labregos do Tempo dos Sputniks…) está a presentar “Abaixo e De Pé” (Vir.) un traballo no que amosa amor e rabia, unha mirada rebelde e zapatista que conduce a través dos ciclos naturais: a expresión das loitas de abaixo, as apegadas á terra. Será este un concerto de ritmo e oralidade, no que camiñaremos por Ordes, o Bronx ou a Selva Lacandona, acompañado por DJ Mil, todo desde un posicionamento claro: Abaixo, e de pé.

A finais do mes de decembro do 2013, despois de gañar o premio ao mellor grupo galego de hip hop e músicas urbanas nos I Premios Galegos da Música Martín Códax con Dios Ke Te Crew, García percorreu México durante dous meses, na xira de presentación de Abaixo e de Pé.