Gala Premios Andaina 2018 en Redondela.
A Asociación Andaina organiza a súa VI Gala de premios en Redondela, no Multiusos da Xunqueira o próximo 10 de xuño.
A asociación Andaina de persoas con necesidades especiais celebra a VI gala de entrega de premios. Un dos obxetivos polos que traballa a asociación Andaina é dar visibilidade ás distintas capacidades que todas as persoas teñen, a sensibilizar sobre a diversidade funcional, e a acadar unha sociedade o máis inclusiva posible. Intentamos acadar estes obxetivos dunha maneira innovadora e actual, para isto realizamos o festival de curtametraxes e diversidade Andaina, convocamos un certame de debuxo e premiamos tamén a entidade local máis comprometida coa nosa causa. Para dar visibilidade a todo este traballo celebramos esta gala.
A gala estará presentada por Sergio Pazos, proxectarase a curta gañadora na sección escolar, e se poderá disfrutar dun concierto do grupo The Alta Nota, do CEE Panxón, ademáis de outras sorpresas…