Noticias de Hoy
Africa Viva
Fecha: 13/06/2015
Horario: 19:00 a 19:00

Fiesta: África Viva, en Vigo

A rede territorial de REDES en Vigo invítalles a participar na 5ª festa “África Viva", encadrada dentro da campaña “África, cuestión de vida, cuestión debida”, que comezou hai seis anos. Esta é unha campaña de sensibilización para dar a coñecer en positivo a riqueza cultural, social e vital de África, así como as dificultades do acceso aos servizos sociais básicos, como auga, sanidade, educación, etc. Este acceso aos recursos básicos é imposible sen xustiza, paz e a sostenibilidade dos seus recursos naturais. Por iso, a campaña “África, cuestión de vida, cuestión debida” decidiu adicar estes seguintes anos a accións de sensibilización e de incidencia política sobre o expolio de recursos naturais en África.

A rede territorial de REDES en Vigo invítalles a participar na 5ª festa “África Viva”. Nesta festa poderemos disfrutar de distintos obradoiros:

-trenzado de pelo

- henna corporal

-té e buñuelos

- presentación de roupa africana, etc.

Tamén haberá unha entrega de premios do concurso de collages e todo isto estará acompañado por a actuación musical dos grupos DEGO, Sanrockers e Panghea.

¡Animádevos a participar!