Noticias de Hoy
nigran 2019
Fecha: 19/07/2019 a 20/07/2019
Horario: 01:00 a 01:00

Festival Vive Nigrán 2019

Festival Vive Nigrán 2019.

A terceira edición de Vive Nigrán, que se celebrará no antigo campo de fútbol de Lourido (Praia América) os próximos 19 e 20 de xullo, contará cos directos de Las Chillers, Los Nastys e Los Vinagres, que se suman aos galegos Novedades Carminha e ao pop electrónico do dúo barcelonés Hidrogenesse, xa anunciados previamente pola organización. As persoas interesadas en adquirir as súas entradas xa poden facelo a través da propia web do festival, www.vivenigran.com, a un prezo de 22 euros os bonos de dous días.

Música, humor, espectáculo, paixón e morro, sobre todo moito morro. Esa é a esencia que desprenden Las Chillers​, o grupo madrileño que está a revolucionar o panorama actual cos seus divertidos shows. Rocío, Belén, Esperanza, Laura, Pilar e Adela son as seis mulleres que están detrás desta banda que defende o “antipostureo postmoderno” como aceno de identidade, versionando temas clásicos da música española e interpretándoos co punto macarra e salvaxe que as caracteriza.

Falar de Los Nastys é redescubrir todo ese caos creativo e punk que herdamos dos 80 madrileños. Hai hostias ao Parálise Permanente, paixón macarra Pegamoide, cinismo ao Derribas Arias e sobre todo moitas ganas de festa das do Rockola. Todo vale. Se a todo iso engadímoslle o ‘garajeo’ gritón dos Black Lips, a esencia do punk británico de finais dos 70 e unha boa dose do licor do cervo temos aos Nastys. Enerxía ao besta e sen contemplacións, ausencia total de complexos.

O trío canario Los Vinagres evolucionan cara á música latina no seu novo álbum da man de Warner Music Spain baixo o título “Los Volcanes” e que incluirá temas como “La Chibichanga”, “Sácate los colmillos” ou “Los volcanes se duermen” cos que os naturais da Palma alcanzan a madurez artística. Tras dous anos de traballo dedicados á composición e produción, Los Vinagres ofrecen un renovado son influenciado pola música latina e o rock de raíces.

Actividades para todos os públicos

O festival, ademais, continuará artellándose sobre a música e fusionándose cunha serie de experiencias que permitirán ao visitante vivir Nigrán no sentido máis amplo do termo: terán á súa disposición dende xogos ao aire libre ata unha gran oferta culinaria a cargo de foodtrucks, sesións DJ, obradoiros, charlas... Un sinfín de actividades que debuxan un "picnic pop festival" de cultura creativa, unha filosofía e un estilo de vida para que todos os públicos poidan gozar intensamente Nigrán dende a mañá ata a noite. E todo iso nun espazo máxico e co que mantén un compromiso de emprazamento: fronte ao Atlántico, co perfil das illas Cíes ao fondo, nun extremo de Praia América-Lourido (un areal dos máis aplaudidos de todo o litoral galego pola súa extensión, area fina e de augas case transparentes) e ao pé da península de Monte Lourido.

Primeiras confirmacións

  • Novedades Carminha
  • Meneo
  • Ángel Stanich
  • Las Chillers
  • Los Nastys
  • Los Vinagres
  • Delafé
  • Hidrogenesse
  • Monterrosa
  • Hickeys
  • Adriana Proenza
vive nigran

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635