Noticias de Hoy
_festival vertixe sonora trois fois silence
Fecha: 17/11/2016
Horario: 20:30 a 20:30

Festival Vertixe Sonora 2016 presenta en Vigo: Mesa e obxectos

Festival Vertixe Sonora 2016 presenta en Vigo: Mesa e obxectos.

Mesa e Obxectos é o último traballo de Ángel Faraldo coa mesa de mesturas sen entradas (no-input mixer). Unha peza que transmite unha fonda espiritualidade a través de sons xerados por retroalimentación, que procuran resonancias e ecos en pequenos obxectos cotiáns, que actúan a un tempo como filtros e amplificadores do son electrónico, nunha especie de ritual, de celebración máxica do próximo.

Ángel Faraldo (Ferrol, 1980) é un músico comprometido coa creación, a promoción e o ensino da música experimental. Activo como compositor e improvisador, a súa obra complétase con instalacións sonoras, accións site-specific e deseño de son para danza e ópera. Está interesado na exploración sistemática de procesos que maximizan recursos mínimos, como se materializa no seu ciclo "The Feedback Study Series," o seu sintetizador dixital "MISS" ou a súa aproximación á no-input-mixer. Ademais, desenvolve un intenso labor como intérprete e realizador de música electrónica en vivo e dedícase ao asesoramento e desenvolvemento de ferramentas dixitais para instrumentistas e compositores.

ÁNGEL FARALDO (ES, 1980) Mesa e obxectos