Noticias de Hoy
cartel revenidas (1)
Localidad: A Illa de Arousa
Fecha: 07/09/2023 a 10/09/2023
Horario: 01:00 a 01:00

Festival Revenidas en Vilaxoán de Arousa

O festival Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán do xoves 7 ao domingo 10 de setembro, contará coa presenza dun dos grandes nomes de referencia da nova escena latinoamericana como é Ana Tijoux, con Desakato (que ofrecerán en Vilaxoán o seu derradeiro concerto antes de despedirse como banda o 11 de novembro), a combativa activista feminista arxentina Sara Hebe, a gañadora do concurso Sonidos Mans HYDN, o festivo colectivo madrileño de cumbia-punk, rap e electrónica Tremenda Jauría, The Skarnivals, Arrythmia e A Duendeneta.

A segunda xornada do festival, ao venres 8, reunirá aos valencianos Zoo, a gran revelación da música galega deste 2023, Fillas de Cassandra, aos tamén valencianos e igual de comprometidos Los Chikos del Maíz, o principal expoñente da música electrónica en euskera, Zetak; o novo grupo de Evaristo Calvo, Tropa do Carallo; Sheila Patricia, La Regadera, Rebeliom do Inframundo e A Duendeneta.

O sábado 9 de setembro o Revenidas recibe a Ska-P, que ofrecerán en Vilaxoán o seu único concerto en Galicia deste ano. Ese mesmo día terá lugar o concerto especial do XX Aniversario de Dakidarría, con feixe de artistas convidados e que será gravado para se converter no primeiro disco en directo da banda do Val Miñor. Completan o cartel do sábado o músico asturiano Rodrigo Cuevas, Heredeiros da Crus, Lamatumbá, Nativa, Kiza, O Rabelo, Familia Caamagno, Mondra, The Rapants, Kris K Dj, Me Fritos and the Gimme Cheetos e A Duendeneta.

A xornada do domingo 10, na que se celebrará a tradicional sardiñada popular e a Gala de Circo Solidaria contará no musical coas actuacións de Uxía Lambona e a Banda Molona, La Yaya Dj e Xosé Lois Romero e Aliboria, que serán os encargados de pechar o Revenidas 2023.