Noticias de Hoy
Revenidas
Fecha: 22/08/2014 a 24/08/2014
Horario: 01:00 a 01:00

Festival Revenidas 2014

Programación Festival Revenidas 2014 que se celebra en Vilaxoán, Pontevedra.

Venres 22 de agosto de 2014

O Festival comezará coas actuacións de Heredeiros da Crus, Diplomáticos de Monte Alto, Ulträqäns, Rastreros e os Djs DZ Selectors e DJ Crebinsky formarán parte das actuacións.

O venres comezará cunha intervención gráfica do colectivo Desordes Revenidas, que farán unha intervención plástica nos arredores da Praza de Abastos de Vilaxoán. As actividades da tarde complétanse cunha sesión especial Bravú no Mercado do Peixe. Rodri Suárez e Xurxo Souto farán a presentación do libro “Non temos medo”, historia oral dos Diplomáticos de Monte Alto, a primeira biografía dun grupo galego de rock. Trala presentación terá lugar unha conferencia a cargo de Pinto d´Herbón “Vinte anos de pemento e regueifa”, e un concerto acústico xunto con Xurxo Souto.

Tamén terá lugar a inauguración da Feira Revenidas, con postos de produtos culturais e creativos galegos que estará aberta ao público durante os tres días que dura o festival.

Sábado 23 de agosto de 2014

Pola mañá será o pregón oficial do acto, para dar comezo á sardiñada popular, onde degustar sardiñas revenidas, que xunta cada ano arredor de 5000 persoas no Parque de Vilaxoán. A tarde do sábado complétase con actividades para todos os públicos, pasarrúas a cargo de Os Terribles de Arousa, Fanfarria Taquicardia e Bombo Tambor. Posteriormente terá lugar o espectáculo para disfrutar en familia a cargo de Don Gelati Clow e arredor das 19:00 horas no Escenario Sáhara, tamén no parque de Vilaxoán, os asistentes disfrutarán da Gala do Circo Revenidas en solidariedade co pobo saharaui. Con Isabel Risco, Dani García Maxía, Isla Letrisca Circo e Malabares e Alas Circo Teatro Aéreos.

A xornada do sábado complétase pola noite coas actuacións musicais de Sés, Terbutalina, Dakidarría, Nao, Noite Fechada, Liviao do Marrao e Brigada A.M Soundsystem.

Domingo 24 de agosto de 2014

Comezará coa actuación para os máis pequenos de Peter Punk Circo, a Charanga da Compañía do Ruído, e as actuacións de Leo e Arremecaghona, Tandub, Borderline 79 e Alpargata.

A organización ten previsto máis sorpresas para completar a programación, á vez que lembra que aínda está aberto o prazo de inscripción no II Concurso de Grupos Emerxentes Revenidas.

Heredeiros da Crus - Os Diplomáticos de Monte Alto - Os Rastreros - Sés - Terbutalina - Dakidarría - O Leo e arremecaghona - Ulträqäns - Nao- Liviao do Marrao - Tandub - Borderline 79 - Grupo Emerxente - DZ Selectors - Brigada A.M Soundsystem - DJ Crebinsky - Noite Fechada - Alpargata - Gala de Circo - Pinto d´Herbón - Sardiñada Popular.

Acampada libre

Como nos últimos anos, Revenidas 14 disporá de dous espazos de acampada libre, dotados de servizos básicos: baños, duchas e limpeza. Haberá espazo para 800 tendas de campaña desde a noite do venres 22 de agosto ata o domingo 24. Así que non hai escusa para non asistir aos concertos, co aliciente de deitarse e erguerse fronte a praia e o mar da Ría de Arousa.

Web: www.revenidas.com

Festival Revenidas 2014