Noticias de Hoy
teatro
Fecha: 04/10/2018
Horario: 22:00

Festival Ponteatro 2018

Programación completa Festival Ponteatro 2018.

El festival Ponteatro 2014, incluye once funciones de teatro desde el jueves 4 de octubre al jueves 20 de diciembre, repartidas entre el Teatro Principal y el Palacio da Cultura.

 

A LEITUGA - Jueves, 4 octubre | 21.00 - Teatro Principal


Eme2 emoción & arte

Cinco familiares reúnense na casa da irmá maior, Virxinia (Mercedes Castro) e o seu marido, Héctor (Antonio
Durán Morris), para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma desde hai nove anos.
O que de primeiras semella unha sinxela celebración, convértese nunha encarnizada poxa por ver quen se
responsabiliza dos coidados do pai...
A Leituga aborda en clave de humor un conflito familiar polo que todos pasamos ou pasaremos nalgún punto
das nosas vidas: como actuaremos no momento en que os nosos pais se aproximen á morte?

BURUNDANGA -  Sábado, 6 octubre | 21.00 - Pazo da Cultura

Verteatro SL

Berta está embarazada de Manel, o seu mozo, pero non llo di porque no sabe que facer. Por non saber, no
sabe nin se o seu mozo a quere. Silvia, a súa compañeira de piso, ofrécelle a solución: burundanga, a droga da
verdade, unha sustancia que fai perder a vontade e provoca a sinceridade máis auténtica. Decide darlla, pero o
resultado é máis inesperado do que agardaba, provocando un divertido enredo.

EL APARTAMENTO - Domingo, 7 octubre | 18.30 - Pazo da Cultura

Cirk About it

“El Apartamento” é un lugar onde todo é posible… O que para a maioría das persoas actos coma:
erguerse, almorzar, mudar a roupa ou mesmo cambiar unha bombilla se volve algo mecánico e case
instintivo; para eles convírtese nunha serie de accións cheas de fazañas e complicacións acrobáticas.

ELISA E MARCELA - Jueves, 18 octubre | 21.00 - Teatro Principal

A Panadaría (coprodución co CDG)

O 8 de xuño de 1901 dúas mulleres, Elisa e Marcela, casan na igrexa de San Xurxo na Coruña. Para
conseguir enganar ao cura e facer oficial o seu amor, Elisa transfórmase en Mario.
A voda e os posteriores sucesos que envolven a súa historia convértenas no primeiro matrimonio
homosexual do que temos constancia en todo o estado.

LA GALLINA DE LOS HUEVOS DE ORO - Domingo, 21 octubre | 18.30 - Pazo da Cultura

Zum Zum Teatre

Os granxeiros desta historia no perdían o tempo pensando nos cartos e
sempre repartían o pouco que tiñan con quen máis o precisaba. Un
día unha galiña chegou a súa granxa e puxo un ovo de ouro...
Imaxinades se vos pasara a vós?
“La gallina de los huevos de oro” é unha historia que conta que os cartos son un “conto”.

 GOLDI LIBRE- Viernes, 26 octubre | 23.59 - Teatro Principal


Grupo Chévere

Espectáculo de teatro documento sobre o movemento de insubmisión, que levou a centos de mozos ao
cárcere como presos de conciencia. A obra parte da experiencia persoal e o testemuño do actor César
Goldi, que en 1993 foi xulgado e condenado a 2 anos, 4 meses e 1 día de prisión por negarse a realizar
tanto o servizo militar como a prestación social substitutoria.
Desde unha perspectiva autocrítica, distanciada e irreverente, a obra ofrece ademais unha panorámica
desenfadada do activismo social e político da esquerda dos anos 80 e 90 do século XX, cuestionando
algúns dos mitos da loita antimilitarista.

ESTÁS AÍ? - Viernes, 2 noviembre | 23.59 - Teatro Principal

Redrum Teatro

Unha parella acaba de mudarse coa idea de comezar a vivir xuntos. O apartamento é pequeno e incómodo,
reina o caos, as caixas de mudanza enchen o lugar, hai problemas coa calefacción e cos veciños do andar
de abaixo. Pero isto é nada comparado co que atopan no que eles supoñen o seu novo fogar: a vivenda
conta coa presenza dun home invisible.
Aínda por riba, este, algo intratable polo seu carácter, non acepta de moi boas maneiras a chegada da nova
parella.

AKARI - Jueves, 4 noviembre | 18.30 - Teatro Principal

Bye, Bye, Honey, espectáculo ganador de dos premios María Casares 2014 (mejor actor secundario y música original) de la compañía Obras Públicas, cuenta la historia de Marta, una chica de barrio que no es un ángel ni es un demonio y que cuando decide dejar su casa y su familia emprende un camino incierto y peligroso, rodeada por todas partes de "Lumpen, pachanga y rock´nroll".
Bye, Bye, Honey es un espectáculo duro, ácido y descarnado. Pero también, como la vida misma, en la obra hay tiempo para el humor, para el amor y, por supuesto, para la música y las canciones interpretadas en directo.

INVISIBLES - Jueves, 15 noviembre | 21.00 - Teatro Principal

Redrum Teatro

Un lugar indeterminado.
Tres mulleres.
Sete testemuños reais. Setenta minutos.
Un millón de razóns para falar do maltrato.
Non máis invisibles.
Espectáculo coproducido coa concellaría de Igualdade do Concello de Pontevedra, que se basea no
libro “Invisibles, relatos do maltrato” da xornalista Montse Fajardo. A obra recolle o relato de 7 vítimas
reais do maltrato, e centrou os actos do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as

Mulleres en 2017.

OUTONO - Domingo, 18 noviembre | 18.30 - Pazo da Cultura

TRÓPICAL - Jueves, 20 diciembre- Teatro Principal

Elefante Elegante

Espectáculo sensitivo, universal e evocador que mergulla no universo da viaxe e na súa vasta riqueza de
matices e dimensións.
Un navío habitado por viaxeiros con destinos entretecidos. Turistas, migrantes, músicos e refuxiados...
custodiados por unha vixiante e dilixente tripulación. Do norte ao sur nun cruceiro sedutor e do sur ao
norte fuxindo da fame e dos cascallos.
Desde a ironía e o absurdo, Tropical reflicte situacións que se están a producir non moi lonxe. Na terra,
paisaxes de guerras e muros. No mar, infinitas historias, desexos e soños que se cruzan.