Noticias de Hoy
 iii festival de opera ciudad de pontevedra aida copia
Fecha: 09/03/2018

Festival Internacional de Ópera Ciudad de Pontevedra 2018: Aida

Festival Internacional de Ópera Ciudad de Pontevedra 2018: Aida.

En la Gran Gala de opera en este tercer festival , se ha querido presentar un programa de gran dificultad pero con fragmentos de óperas conocidas de por todos los públicos.

 

Os días 9 e o 22 de marzo o Auditorio Afundación de Pontevedra acolle o III Festival de Ópera Cidade de Pontevedra.

O venres 9 poderemos disfrutar de“Aida”, de Giuseppe Verdi, con solistas internacionais en colaboración co Teatro da Ópera Nacional de Moldavia.

Ópera en catro actos, con libreto de Antonio Ghislanzoni, segúndo a obra de Auguste Mariette.

Aida e Radamés están namorados. Mentres que el é un capitán exipcio, ela é unha escrava etíope ao servizo da princesa exipcia Amneris, que tamén ama ao mozo guerreiro. O exército etíope invade Exipto e nomean a Radamés para que lidere as tropas exipcias, con quen finalmente gaña a batalla. Aida é en realidade a filla do rei etíope Amonas-tro, que se atopa entre os prisioneiros da vitoria de Radamés. O rei exipcio concede a man da súa filla Amneris a Radamés. Na véspera da voda, Aida e Radamés reúnense secretamente, e a princesa etíope, presionada polo seu pai, consegue que o guerreiro lle desvele os plans militares exipcios. Esta traizón é descuberta e Radamés é xulgado e condenado polos sacerdotes para ser enterrado vivo. Aida consegue introducirse na sepultura e os amantes acaban morrendo xuntos.