Festival das Núbebes 2019 en Pontevedra.
Co mes de setembro chega a Pontevedra o festival que os máis pequenos/as e tamén os papás e mamás estabades a agardar. Serán dúas intensas fins de semana cheíñas de propostas arredor das artes escénicas, pensadas e dirixidas á cativada da casa. Teremos teatro, danza, música, obradoiros, animación de rúa, contacontos, a guerra de almofadas... Un amplo abano de cousiñas bonitas que preparamos con moito cariño e cuns fermosos obxectivos: que poidades aprender xuntos, compartir experiencias e gozar dun tempo de lecer en familia.
O programa de actividades desenvolverase os días 20, 21, 22, 28, 29 de setembro en espazos espallados por toda a cidade: Casa Azul, Teatro Principal, Praza do Teucro, Patronato de Turismo Rías Baixas, Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e a sede social do Casino Mercantil.
Comeza a sétima edición. Benvidos/as ao Festival das Núbebes
Consultade no programa os espazos e a necesidade ou non de mercar entrada ou de pasar a recollela aínda que sexa de balde.
Programa completo
Venres 20 de setembro de 2019
Inauguración con Roque e a artista convidada: Cora Velasco
- 18.30 h Teatro Principal
- Teatro, monicreques e música
- Público familiar | Entrada de balde*
Sábado 21 de setembro de 2019
Baila Roque, baila
12.15 h, 17.50 h Teatro Principal
- Baobab Teatro
- Contos e monicreques
- A partir de 1 ano | Entrada 2,5 EUR*
- Ninananas
12.00 h, 17.00 h e 18.45 h
- Patronato de Turismo Rías Baixas
- Mercedes Prieto
- Obradoiro de baile e canto
- Traede a mantiña ou almofada que usedes habitualmente co bebé
- De 0 a 11 meses e embarazadas
- Entrada de balde*
- Sembrando historias
12.30 h, 17.00 h, 18.45 h Casa Azul. Sala Almofrei
- Kamante Teatro
- Teatro de contos xogados
- De 2 a 6 anos | Entrada 2,5 EUR*
- Cociñando Xunt@s
11.30 h, 17.15 h e 18.45 h
- Casa Azul. Sala Valdecorvos
- Asociación Down Pontevedra “Xuntos”
- Obradoiro de cociña
- De 3 a 6 anos | Entrada de balde*
Domingo 22 de setembro de 2019
Kenka un Kenko
12.30 h, 17.30 h e 18.45 h
- Sede Social do Casino Mercantil
- Cris de Caldas e Xabi do Camiño
- Contos e música
- De 6 meses a 4 anos | Entrada 2,5 EUR*
- O son que me arrola
11.45 h, 17.00 h e 18.45 h Casa Azul. Sala Almofrei
- Asociación socioeducativa Antonio Gandoy
- Espectáculo de música (cantos de berce, lerias e enredos).
- Traede a mantiña ou almofada que usedes habitualmente co bebé
- De 6 meses a 3 anos | Entrada de balde*
- Apertas de familia
12.15 h, 16.45 h e 18.30 h Patronato de Turismo Rías Baixas
- Nieves López López
- Obradoiro de pedagoxía do abrazo
- De 0 a 3 anos | Entrada de balde*
- O lobo e a lúa
12.00 h e 18.15 h Teatro Principal
- Baobab Teatro
- Teatro e monicreques
- De 2 a 6 anos | Entrada 2,5 EUR*
Sábado 28 de setembro de 2019
Patapatún, tun, tun!!
11.45 h, 17.00 h e 18.15 h Casa Azul. Sala Almofrei
- O Mago Paco
- Espectáculo de maxia
- De 1 a 4 anos | Entrada 2,5 EUR*
- O sombreiro que voou
12.30 h, 17.15 h e 18.15 h Patronato de Turismo Rías Baixas
- Asociación Amencer (Iria Ibusquiza e Ingrida Kontrimine)
- Conto vivenciado
- De 1 a 5 anos | Entrada de balde*
- Caracoles
12.45 h, 17.30 h e 18.45 h Teatro Principal
- Eugenia Manzanera
- Espectáculo de teatro
- De 8 meses a 4 anos | Entrada 2,5 EUR*
- Lúa, lúa, sol
11.45 h, 16.45 h e 18.30 h Sexto Edificio. Museo de Pontevedra
- Flauta Mágica
- Obradoiro musical
- De 0 a 3 anos | Entrada de balde*
Domingo 29 de setembro de 2019
Na procura do reino de Cernicornio
11.30 h, 17.00 h e 18.00 h Patronato de Turismo Rías Baixas
- Iria Carrera
- Obradoiro de ioga para nenos e nenas
- De 3 a 6 anos | Entrada de balde*
- O xogo de Nano
11.45 h, 17.00 h e 18.00 h Casa Azul. Sala Almofrei
- Raquel Queizás
- Contos
- De 1 a 3 anos | Entrada 2,5 EUR*
- Guerra de almofadas
12.30 h | Praza do Teucro
- Cada participante (pequenos/as e grandes) deberá traer o seu coxín ou almofada
- Público familiar
- A Voar
13.00 h Praza do Teucro
- Cé Orquestra pantasma
- Espectáculo de música na rúa
- Público familiar | Entrada de balde*
- Concerto “Banda Moraima” e clausura con Roque
19.00 h Teatro Principal
- Marcelo Dobode e Beatriz Martínez / Percubebés
- Público Familiar | Entrada 2,5 EUR