Festival das cóxegas 2017 de Pontevedra presenta: Zaquizamí
Cía. Roberto G. Alonso
Publico Familiar a partir dos 3 anos
Zaquizamí é un espectáculo vitalista, onde os xoguetes abandonados nun faiado cobran vida, buscan novas oportunidades e fan dos seus defectos, virtudes. Un canto á diversidade, á solidariedade e ao espírito de superación.
Zaquizamí está ao fondo do corredor. Ten tres estantes mal postos, unha porta con chave e un enchufe que non funciona. Cada vez que se apaga a luz hai unha festa e os seus habitantes comezan a vivir, a brincar e a soñar. Shhh…
Non fagades barullo, que non se enteren de que o sabedes!
Danza