Festiparvo en Vigo
Esta pequena, minúscula axencia diy non sabe como, pero segue viva e mantendo a chama acendida despois dun tempiño. Iso non é pouco e ímolo celebrar cunha festiña de fin de tempada.
Todas as implicadas neste pequeno proxecto cultural van participar na primeira edición deste evento, e imos moi orgullosas e agradecidas.
O venres 29 de decembro, no mítico escenario de La Iguana Club terá lugar a celebración do décimo aniversario dos Cró!, banda histórica do underground galaico que está a levar o seu Mounstros (Metamovida, 2016) por todo o Estado. Ademais da participación dos pontevedreses diola, a noite estará regada por un montón de convidados e sorpresas varias, para completar unha xornada para non esquecer nunca.
O sábado 30 de decembro comezará coa actuación de Trilitrate e Sara Fontan. Os primeiros están a facer historia co seu Frutal Death (Metamovida, 2016), tocando o mesmo nunha pista de skate en Benicarló que no Teatro Principal de Santiago ou enchendo o Ensalle de Vigo. Sara vainos visitar dende Barcelona para presentar a súa proposta única de violín, batería, efectos, loops, delicadeza e agresividade a partes iguais. O emprazamento aínda é segredo :)
Despois teremos o encontro eléctrico da xornada nos Radar Estudios, onde poderemos gozar de Esposa, Selvática e Dois. As Esposa, banda que está a alcanzar os topes do pop feito en galego, actuarán en Vigo despois dun tempiño, e presentando o seu primeiro disco, Xardín Interior (PRENOM, 2017). Os locais Dois estarán sacando a pasear o seu inmenso debut, Está Bien (Orphan Records, Discos de Kirlian, 2017) con moito nivel e gusto, e ademais os Selvática volverán deixarnos atónitos amosándonos os seus Seres Abisales (Orphan Records, Discos de Kirlian, 2017).
Xa podes facerte co teu abono para todo o evento, por só 20€!
Pronto entradas de día e máis info.