Noticias de Hoy
Festa da Lamprea D
Fecha: 28/04/2017 a 30/04/2017
Horario: 01:00 a 01:00

Festa da Lamprea 2017 de Arbo

Festa da Lamprea 2017 de Arbo. A FESTA DA LAMPREA DECLARADA FESTA DE INTERESE TURÍSTICO NACIONAL.

A Festa da Lamprea conseguiu a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional sumándose ás outras dez festas de Galicia con esta distinción.

Este merecido recoñecemento á festa gastronómica máis antiga de Galicia, valora ademais da antigüidade, o arraigo e a continuidade desta celebración, así como a súa singularidade. Esta festa tivo a súa orixe no ano 1961, cando un grupo de veciños e responsables de varios restaurantes e adegas organizaron a I Festa da Lamprea de Arbo para dar a coñecer este produto así como os estupendos viños albariños do municipio, hoxe acollidos á D.O. Rías Baixas.

Dende esa primeira edición a Festa da Lamprea celebrouse ininterrumpidamente, converténdose na festa máis importante do concello e unha das máis importantes de Galicia, na que miles de asistentes abarrotan os restaurantes da vila e os puntos de degustación situados no recinto “Arbomostra”, para desfrutar das racións de lamprea preparadas nas súas diferentes variedades acompañadas dos mellores viños da zona.

Deste xeito, dende o Concello de Arbo, queremos agradecer e recoñecer aos veciños e veciñas de Arbo, o grande esforzo que, non so durante este ano, senón durante toda a súa historia, realizaron para conservar e elevar a lamprea e o viño a un lugar tan meritorio e valorado dentro da gastronomía nacional e internacional, que na actualidade permiten utilizalos como valiosos elementos diferenciadores e representativos, e convertelos nas principais fontes de ingresos da economía local.

DURANTE A FESTA TEÑEN LUGAR DIVERSOS ACTOS, XORNADAS TECNICAS, GALA DA LAMPREA, CONCERTOS, DEGUSTACIÓNS E ARBOMOSTRA

Festa da Lamprea 2017 de arbo