Noticias de Hoy
Etiqueta Negra 16
Fecha: 09/11/2019 a 11/11/2019

Feria gastronómica ETIQUETA NEGRA 2019 en Pontevedra

Feria gastronómica ETIQUETA NEGRA 2019 en Pontevedra. Del 9 al 11 de noviembre.

Ubicado no núcleo central da feira, vai contar coa presenza de máis de 100 produtores. Nos distintos stands poderanse atopar viños, licores, vermús, cervexas e outras bebidas sorprendentes como hidromel e refrescos 100% naturais, cafés, infusións, marmeladas, galletas, tortas, doces, xeados, produtos de quinta gama, aceites, queixos, patés, carnes, congro seco, caracois, embutidos, xamóns, conservas, legumes, salsas e aderezos, pans e empanadas e un sen fin de delicias que farán gozar ao padal.

Anfiteatro

Espazo onde se desenvolven os showcookings de cociña. Na edición de 2018 protagonizados por Pepe Solla (Casa Solla); Lucía Freitas (A Tafona Casa de Xantar); Héctor López (Restaurante España); Iñaki Bretal (Eirado da Leña); Diego López (La Molinera); Rubén González (El Cafetín de la Alameda), gañador do concursos gastronómicos Pontedetapas 2017 y De tapas por Galicia! 2017; Rómulo Mendoza (Roldán 37), un dos expoñentes da alta cociña mexicana; Ketty Fresneda, finalista de MasterChef 6 e Benigno Campos, cociñeiro e presentador do programa Larpeiros. Tamén vai haber showcookings con degustación para 100 persoas a cargo do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra e o Obradoiro de emprego “Hostelería do Salnés X”.

Espazo Etiqueta

Onde van ter lugar as actividades de formación e presentacións de produtos. Tamén é o lugar onde se van desenvolver os talleres de cociña (Consulta todos os talleres dispoñibles aquí). As actividades do Espazo Etiqueta requiren de inscrición previa que se realizará na propia feira. Os talleres requiren de inscrición e pago previo, a través da web etiquetanegragourmet.com.

Zona de Catas

Espazo que contará cunha intensa programación continua. Desde as 11.30 h horas, e en quendas de 30 minutos de duración, os produtores empregarán esta zona para as demostracións, degustacións e catas comentadas de produto. As actividades da Zona de Catas requiren de inscrición previa que se realizará na propia feira.

Zona de Comida

Como a feira ten horario ininterrumpido (o sábado e domingo de 11.00 a 21.00 h e o luns, ata as 20.00 h) para aquelas persoas que desexen pasar todo o día con nós descubrindo sabores, exquisiteces e rarezas, temos unha zona onde se poderá xantar e na que haberá foodtrucks con interesantes propostas.

Tetería

Espazo promovido pola Deputación de Pontevedra onde se vai dár a coñecer os distintos tipos de té que se producen no noso país. Na tetería haberá cinco sesións de EN_PARELLA té. Descubre o té galego en duetos. Celebraranse o sábado ás 18.00 h, e o domingo e o luns ás 12.00 e ás 18.00 h. As actividades da Tetería requiren de inscrición previa que se realizará na propia feira.

Punto de Encontro Profesional

Etiqueta Negra é tamén unha gran plataforma de negocio para as empresas do sector. Neste espazo e, ao longo das tres xornadas de feira, desenvolveranse numerosas reunións dos expositores con exportadores, distribuidores, tendas gourmet, restauradores, etc, como apoio ao acceso en novos mercados e a expansión dos seus negocios.

O mellor do gourmet galego nun único lugar

Decenas de expositores presentarán as súas liñas de produto gourmet. Marmeladas, cervexas, viños, queixos, aceites, cafés, licores, sidras, galletas, patés, carnes, salsas e aderezos, tortas e doces, conservas, embutidos, innovación …Todo nun recinto de máis de 4.000 m2 cun auditorio onde haberá showcookings de prestixiosos Chefs, presentacións de produtos, cursos e conferencias; unha zona de catas onde probar e coñecer os fantásticos produtos gourmet presentes na feira; zonas de negocio…

O prazo para participar como expositor segue aberto e moitos expositores ainda están a completando o proceso de inscrición. Pero, como avance, xa podemos presumir de que algúns dos expositores confirmados que nos acompañarán son:

  • Orballo
    Cultivo, transformación e comercialización de produtos vexetais
  • Queixos Leiteulla
    Elaboración de queixo de leite crúa de vaca
  • Pata Celta
    Especialistas en produtos elaborados co porco celta, o “pata negro” galego
  • Atalanta Madera
    Pezas gourmet en madeira
  • Volalla Marmeladas Artesás de Galicia
    Elaborados de froitas
  • Paladar Queso
    Centro de maduración de queixos
  • Xacobleas
    Elaboración de obleas de sabores en forma de concha e relevos de Galicia
  • Queixo D.O.P. Cebreiro Castelo
    Fabricante de queixos
  • Bodegas Lodeiros
    Bebidas
  • Amarelante S. COOP. GALEGA
    Produción e comercialización de castaña seca, fariña de castaña e bica de castaña
  • Gurung
    Bebida aperitivo a base de hidromel
  • Licores Berrimes
    Destilación e fabricación de licores artesás
  • Cervexas Meiga
    Cervexa artesá
  • Conservas Faro de Burela
    Elaboración de conservas e pratos elaborados artesás
  • As Camposeiras
    Elaboración de conservas doces de froita e verdura
  • O pepiño de Allariz
    Casa de xantar e tenda gourmet
  • Ánades Galicia
    Cría de patos para elaboración de foie, confits, xamón e fabas con pato
  • Chimichurri La Salsa
    Fabricación de salsa chimichurri 100 % natural
  • Torres Augusti
    Elaboración e venta de vino
  • Conservas Gándara
    Comercializadora de conservas de pescado
  • Casa da Avoa
    Elaboración de embutidos gourmet
  • Mareterra Deluque
    Elaboracións de conservas artesás
  • Terras da Mariña, S. COOP. Galega
    Envasado e comercialización de Faba de Lourenzá e Faba Verdina
  • Licores os Maios
    Licores artesás tradicionais galegos
  • Galeo
    Produtores de aceite de oliva virxe extra de orixe atlántico
  • Campo Capela
    Produción e venda de queixos elaborados de forma artesá
  • Libraría Paz
    Venda de libros
  • Galletas Xianas
    Obradoiro de galletas de 4 sabores: orixinais, coco, améndoas e café
  • Yatecomeré
    V e VI gama, conxelado e refrixerado
  • A Pementeira
    Produción, envasado e comercialización de Pemento de Herbón con D.O.P. e produtos derivados
  • Bisqato
    Taller lácteo artesán de fabricación e venda de queixos
  • Queixos Brigantia
    Fabricación de queixos galegos
  • CroketasD’
    Elaboración de croquetas gourmet
  • Embutidos Suarna
    Elaboración e venda de produtos artesáns
  • ASOLAGADOS
    Viños
  • Ganadería Balín
    Gandaría extensiva
  • Xangall Albariño Orgánico
    Produción de uvas ecolóxicas e elaboración de viños orgánicos e viños sen sulfitos
  • Souto da Trabe
    Transformación agroalimentaria
  • Icaviar – Queridiña
  • Fabricación e comercialización de produtos gourmet
  • Milkabra
    Venda de queixos elaborados con leite crú de cabra
  • Carabuñas. Sabugueiro gourmet
  • Produción e transformación do sabugueiro
  • Airas Moniz
    Queixería
  • Requeixo e mel das Neves
    Elaboración requeixo e mel
  • Angulas Río Miño
    Venda de angula e lamprea
  • Embutidos Lalinense
    Produtos cárnicos, embutidos, conservas e V gama
  • Galletas Mariñeiras
    Elaboración de galletas mariñeiras
  • Galmesano
    Elaboración de queixo
  • Grupo DoNoso (Cafés e Chocolate)
    Tostadores de café e fábrica de chocolate
  • Maruxío
    Obrador de galletas saudables e conservas
  • Bágoas da Ría
    Elaborados artesáns con mexillón ecolóxico da nosa produción
  • Club del Café
    Cafés de diferentes orixes
  • Ar de Arte
    Comercialización de alimentos galegos con deseños de artistas galegos
  • Doménicus
    Elaboración de cervexa de autor
  • O Corvo Brewing
    Produtor nómada de cervexa
  • Adega Pateira
    Viños de autor
  • Natural Snack Lab
    Snack de puré de froita deshidratada
  • Conservas Sotavento
    Conservas artesanais de peixe e marisco
  • A Moenda
    Fabricación e distribución de empanadas, empanadillas e repostaría de Galicia
  • O Submarino Alta Conserva
    Produtor de conservas de marisco e de pimentón
  • Bodegas Carsalo
    Distribuidora de viños e licores
  • Embruxo
    Aceite de oliva virxe extra artesán
  • Narupa Vinos
    Elaboración de viños
  • Quesos Casa Zolle
    Fabricación de queixos de leite crú 100% galego
  • Euro Andean Trading
    Importación e comercialización de superalimentos ecolóxicos
  • Explotacións Gandeiras O Agro
    Explotación de razas autóctonas: caldelá, freiresa, limiá, rubia galega e cabra galega
  • Conservas ORPAGU Gourmet
    Conservas gourmet de peixe espada e atún en aceite de oliva elaboradas de forma artesanal
  • Habelas Hailas
    Destilería
  • Pepa a Loba gourmet
    Importación-exportación de bebidas alcohólicas e restauración
  • Conservas  Chanquete
    Conservas gourmet
  • Cervexeiros da Mariña Lucense
    Augas Santas
    Cervexa artesá
  • La Despensa D’Lujo
    Agricultura. Produción e selección de legumes e patacas
  • Valdabella
    Apicultores artesáns
  • Concello de Pontevedra
  • Estrella Galicia
  • Cabreiroá
  • Indicación Xeográfica Protexida
    Mel de Galicia
  • Mancomunidade do Salnés
  • Tawi
  • Gadis
  • CIFP Carlos Oroza
  • Gráficas Anduriña
  • Froiz

Zona de comidas

Además de vir á feira a coñecer os mellores produtos gourmet galegos, asistir a showcookings e participar nos diferentes cursos e actividades, podes descansar e comer algo na nosa zona de restauración.

xzacobe martinez antelo tri