Chega a Redondela unha nova edición, a VIII, da feira anual das oportunidades, que terá lugar a fin de semana do 29 e 30 de setembro.
As oportunidades seguiran tendo nesta Feira un papel protagonistas xa que todos os establecemento, especialmente moda e calzado, terán unha sección outlet, pero tamén se abre a calquera outro tipo de establecemento comercial ou de servizos que queira mostrar ou promocionar na feira os seus produtos ou servizos.
Os stands cambian totalmente a súa imaxe e dan paso a un espazo individualizado para cada establecemento concibe e organiza o espazo segundo as necesidades de cada produto e no que o cliente poderá interactuar de forma máis directa ao poder ter ao seu alcance todos os produtos.
A moda e complemento seguen a apostar de forma decidida por participar neste eventos máis do 60% dos establecementos participantes pertencen a este sector.
O número de participantes quedou condicionado polas limitacións de espazo polo que para vindeiras edicións se buscarán formulas que permitan non limitar a inscrición e que poidan participar todos os establecementos que o desexen.
Aínda que o principal atractivo para o consumidor está en poder encontrar artigos de primeira calidade aos mellores prezos a feira ofrece a clientela moitas outras opcións para converter a compra nunha experiencia atractiva e entretida. Os mais cativos terán múltiples zonas de xogos distribuídas por idades ao longo de todo o espazo da feira.
Os stands, que contarán cunha imaxe totalmente renovada ocuparán as rúas Ribeira e Xeral Rubín, e os espazos de ocio e entremento estarán nas prazas anexas a esta zona: praza do Concello, Praza da Constitución e Praza de Santiago.
Para facer máis grata a estancia o tráfico cortarase nestas rúas nos tramos horarios de apertura da feira. A feira celebrase os días 29 e 30 de setembro en horario continuado de 10:00-22:00h o sábado e de 11:00 a 20:00h o domingo.