Noticias de Hoy
falamos de cartos
Fecha: 16/04/2016
Horario: 23:00

Falando de cartos, en Vigo

FALANDO DE CARTOS.

Falando de cartos é un espectáculo que toma como punto de partida o libro colectivo “Banqueiros” para recuperar a importancia que ten o teatro como espello da sociedade. Sen renunciar ao humor, Falando de cartos conta diferentes historias do día a día de persoas que podemos atoparnos na rúa: desde a limpadora do banco que soña con que lle toque a lotería ata o banqueiro que acode ao psiquiatra para acabar coa súa ansiedade, pasando pola muller que pide esmola e non renuncia a unha rosa para ter algo polo que vivir. Falando de cartos é un mosaico de pezas que falan de cartos e de valores e unha forma de compartir historias en comunidade.