Exposición Somos do sexto en Pontevedra
Un proxecto museográfico feito por nenas e nenos
Este programa didáctico está destinado a nenos e nenas de primaria. A través dunha metodoloxía activa, os pequenos coñecerán as coleccións do Museo e os axentes que interveñen nun comisariado profesional sendo eles mesmos os protagonistas, fomentando o su interese pola arte e familiarizándose co proceso expositivo. Ao longo de 12 sesións de traballo, serán os encargados de seleccionar as obras, documentarse sobre elas e identificar as temáticas que ensamblen o seu esquema proxectual. Este proceso culminará coa montaxe dunha exposición na que todos os elementos serán decididos polas nenas e os nenos. A mostra insertaráse no calendario de actividades do Sexto Edificio e terá lugar en febreiro de 2018.
Inscrición aberta ata o 30 de setembro
Destinatarios: nenas e nenos de 8 a 12 anos (3º, 4º, 5º e 6º de primaria)
Número de prazas: 15
Lugar: Instalacións do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra
Datas de desenvolvemento do programa:
Do 5 de outubro ao 18 de xaneiro, todos os xoves de 17 a 19 h (12 sesións).
Modo de inscrición e selección:
A nena ou neno interesado ten que enviar unha fotografía na que apareza retratado cunha obra que lle guste da colección permanente do Sexto Edificio e un breve texto que o acompañe no que se expliquen os motivos da elección dela.
É preciso que os titores ou titoras descarguen a inscrición e a autorización. Unha vez cumprimentada e firmada, a enviarán xunto coa foto e o texto escrito polos nenos interesados a gabinetedidactico.museo@depo.es. Tamén poderán entregala no punto de información do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra de martes a venres de 10 a 21h e sábados de 10 a 14h.
A selección levarase a cabo polo equipo de Taller abierto en base aos criterios de interese, motivación e calidade na súa exposición. Notificarase a aceptación do neno ou nena no programa o día 2 de outubro vía email e/ou teléfono.
Cada seleccionado comprométese a participación no 80% das sesións, do contrario será excluido e poderá chamarse a outro interesado.
*As actividades rexistraranse gráfica e audiovisualmente por iso é obligatorio cumprimentar e firmar a autorización para a difusión da imaxe da inscrición e das tomadas ao longo do programa.