Completa o Pazo da Cultura de Pontevedra o seu espazo expositivo cunha mostra de fotografía realizada por Xan Xiadas (Pontevedra, 1968), que vén deste xeito a manter á fotografía como disciplina artística de interese como achega ao outono artístico pontevedrés.">
Noticias de Hoy
areas de sal
Fecha: 21/09/2017 a 12/10/2017
Horario: 01:00 a 01:00

Exposición Outono Fotográfico - 'Areas de Sal' de Xan Xiadas en Pontevedra

Exposición Outono Fotográfico - 'Areas de Sal' de Xan Xiadas en Pontevedra

Completa o Pazo da Cultura de Pontevedra o seu espazo expositivo cunha mostra de fotografía realizada por Xan Xiadas (Pontevedra, 1968), que vén deste xeito a manter á fotografía como disciplina artística de interese como achega ao outono artístico pontevedrés. Dende hai seis anos vense celebrando esta
cita que procura darlle visibilidade ao traballo dalgúns fotógrafos cunhas condicións expositivas de calidade que se afasten, como acontece en moitas ocasións, das exposicións fotográficas en recintos que non son apropiados para elas.

Miguel Vidal, Juan Adrio, Rosa Neutro, Santi Vega e Raquel Calviño foron os que precederon a Xan Xiadas nesta oportunidade para amosar o seu talento e o seu xeito de mirar á realidade que nos rodea. Unha exposición da que nos gabamos de que forme parte do gran proxecto fotográfico de Galicia, o Outono Fotográfico, converténdose esta cita na única que ten lugar na cidade de Pontevedra.
A proposta de Xan Xiadas converte a ría de Pontevedra no motivo principal da súa obra. Unha reflexión sobre ese universo que nos acompaña día tras día, moitas veces en silencio, sen tentar interferir no noso devir cotiá, pero que cando nos fixamos nela uns minutos somos conscientes da súa importancia, da súa magnitude como elemento da natureza co que afortunadamente convivimos, aínda que as veces non somos demasiado xenerosos con ela.

Xan Xiadas lévanos ás súas beiras para que tentemos comprender esa magnitude. Unha beleza infinda na que augas, ceo, orelas e horizonte establecen os puntos cardinais nos que desenvolverse todo un microcosmos de vida. Especies animais e vexetais son os grandes protagonistas, pero tamén o home coa súa diversa actividade cobra importancia dentro dun universo no que os efectos metereolóxicos convértena nun espazo cheo de variábeis.
A mirada do fotógrafo, pausada, de fonda meditación, fai emerxer un panteísmo co que medirnos nós mesmos, co que tentar comprender o noso papel ante un medio tan abraiante.

Areas de Sal 978x435