Noticias de Hoy
Sin título 1
Fecha: 18/05/2018 a 29/05/2018
Horario: 01:00 a 01:00

Exposición Os Bolechas "Gatiños, Ghatiñas, gatíos. Xeitos de falarmos galego en Pontevedra

Exposición Os Bolechas Gatiños, Ghatiñas, gatíos. Xeitos de falarmos galego en Pontevedra

O vindeiro venres Os Bolechas en persoa serán os encargados de inaugurar a exposición sobre o galego que percorrerá todas as comarcas da provincia e que inicia a súa itinerancia en Pontevedra. A cita será ás 11:30 h na carpa situada na praza de Montero Ríos, onde permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 29 de maio.

Os Bolechas visitarán Pontevedra no día da inauguración, mentres que o resto dos días, as actividades serán guiadas por monitores e monitoras. Os cativos e as cativas que se acheguen á inauguración, ademais de coñecer aos Bolechas en persoa, tamén poderán gozar do percorrido por todos os espazos da mostra, nun itinerario dunha hora de duración. Ademais, os centros educativos que desexen concertar visitas específicas poden facelo dirixíndose ao enderezo electrónico osbolechas@osbolechas.com ou no teléfono 981 569 155.

“Gatiños, Ghatiñas, Gatíos. Xeitos de falarmos galego” propón un percorrido participativo pola riqueza do idioma galego ao longo e ancho do país, con actividades e xogos que introducen á rapazada no universo Bolechas. A mostra, ademais de participativa e didáctica, tamén é inclusiva e multisensorial atendendo ás necesidades de todo tipo de persoas, incluso as que teñan algún tipo de dificultade ou discapacidade. A mostra propón un itinerario divido en 12 espazos que ademais da aprendizaxe convidan á experimentación e á diversión, nos que os cativos e as cativas poden interpretar cancións e mesmo protagonizar a súa propia representación teatral.

A exposición, tras arrancar en Pontevedra, viaxará por todas as comarcas da provincia cunha mensaxe pedagóxica e de contacto coa nosa lingua da man da familia literaria e televisiva dos Bolechas, transmisores de valores como a amizade, o coidado do medio ambiente, a vida sa, a solidariedade ou a integración. No mes de xuño, a mostra fará paradas en Lalín e en Vilagarcía de Arousa, e no outono continuará por Moaña, A Estrada, A Cañiza, Caldas de Reis, Tomiño, Ponteareas e Vigo.

Sin título E