Exposición: El mundo de Carlos Bóveda en Pontevedra
El mundo de Carlos Bóveda é o título da mostra que este xoves se inaugurou no Liceo Casino de Pontevedra e que reúne parte da obra do pintor de Padrón ligado a Ponte Cesures.
O Casino volve agora fixarse na obra deste creador, autor dunha obra moi influenciada por Laxeiro. "Laxeiro lo recibió en Buenos Aires cuando en el año 62 Bóveda se fue a Argentina y a partir de ahí son incondicionales", contou no Museo Sara Paz.
Carlos Bóveda, de formación autodidacta, foi autor dunha importante obra costumista galega. Os seus primeiros traballos datan de 1958. Os últimos de 2004.