Exposición en Pontevedra: Voltar a Ítaca, de Alba Sotelo.
Entre o fotoxornalismo e abstracción ‘Voltar a Ítaca’ é unha mostra fotográfica que, por unha banda, reflexiona sobre o estado do sector da pesca tradicional na Galiza e, por outra, trata o concepto do mar coma espazo de ausencia/presencia en torno á viaxe interior dun personaxe imaxinario, con paralelismos con Ulises, que se perde e se atopa a si mesmo grazas ao poder da natureza.
A exposición comisariada por Ramón Rozas consta de 53 pezas fotográficas de gran formato e unha instalación de vídeo elaborados pola fotoxornalista bueuesa Alba Sotelo.
A exposición conta con versos da poeta Miriam Ferrandáns e ademáis no proxecto colaboran máis dunha treintena de artistas entre os que se topan Henrique Rivadulla Corcón, Xosé Iglesias, Ismael Ramos, Carmen Conde, Iria Collazo, Ana Cabaleiro, Xurxo Souto, Miguel Anxo Fernández, Antón Sobral e José Solla que ofrecen a súa visión sobre o mar.
Como valor engadido ,a mostra posibilitará que o público visitante acheguen á bitácora www.voltaraitaca.blog a súa visión sobre o mar coa intención de poder realizar unha publicación que sirva de base para a realización dun documental.
Horario da Sala de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h.
Domingos e festivos de 12 a 14h. Luns, pechado.