Exposición Diálogos no Palacete das Mendoza
Co fin de fomentar a aparición de novos valores no mundo da arte xorde en 2016 o colectivo “Espazo Cero”, un proxecto como variante do grupo “KAIKOO”, cuxa función é xuntar artistas residentes en España de múltiples idades, para así, realizar exposicións nas que a diversidade de estilos e tendencias sexan o tema principal.
Esta mostra, en concreto, contén traballos de artistas con idades e vidas moi diversas, desde mozos nados nos 80, ata os artistas xa consagrados, con máis de 40 anos de carreira. Todos os traballos están realizados con técnicas e materiais moi diferentes, isto promove a afluencia de todo tipo de visitas, tanto persoas próximas á arte, como as que non o son; dado que hai moitas opcións; para gusto de todos.
A idea é crear un espazo onde as artes plásticas: debuxo, escultura, gravado, pintura? sexan as protagonistas, sen importar o seu tamaño, factura ou relevancia. Un ambiente heteroxéneo onde os espectadores poidan apreciar a grandeza das artes, interactuar e dialogar coa arte e todos os seus camiños. O propósito, é dar a oportunidade ao público de asistir a unha exposición que abarque estilos e tendencias opostas, o que crease unha idea máis ou menos obxectiva para poder entender a arte contemporánea.
Do 4 ao 18 de agosto en Turismo Rías Baixas. Palacete das Mendoza. Avda. de Santa María, s/n. Pontevedra. Horario: de luns a venres, de 09 a 21 h. Sábados, domingos e festivos, de 10 a 14:30 h. e de 16:30 a 20 h.