Noticias de Hoy
PON0508P8F1
Fecha: 10/10/2017 a 12/11/2017
Horario: 01:00

Exposición Bolsas de creación artística. Novos Valores 2016 en Pontevedra

Exposición Bolsas de creación artística. Novos Valores 2016 en Pontevedra

A exposición Bolsas de creación artística. Novos Valores 2016, que se pode visitar no Sexto Edificio do 10 de outubro ao 12 de novembro, recolle as obras de Olmo Cuña, Basilisa Fiestras, María Maquieira e Diego Vites, artistas galardoados no certame Novos Valores do ano pasado con bolsas para ampliación de estudios artísticos. A inauguración terá lugar o martes 10 ás 20 h.

A concesión de axudas a artistas para mellorar a súa formación é un dos trazos que máis e mellor significan ó mecenado da Deputación de Pontevedra no ámbito da Cultura. Algunhas das máis importantes figuras galegas do derradeiro século puideron ampliar os seus horizontes creativos mercé á recepción dese apoio, diverso na súa concepción, na súa denominación e tamén na súa materialización ao longo do tempo.

O certame coñecido como Novos Valores naceu con perfil propio no marco da edición da Bienal de Arte promovida pola Deputación de Pontevedra en 1982. En 2016, ano no que se conmemorou o centenario da chegada a Pontevedra de Castelao, unha figura esencial no proceso de reformulación e desenvolvemento das pensións para artistas concedidas polo Organismo provincial en 1925, incorporouse unha novidade moi significativa ás Bases que regulamentaban a convocatoria: a participación das persoas premiadas nunha exposición conxunta na que se mostraría unha selección dos traballos realizados durante os meses de desfrute da Bolsa.

As obras de Olmo Cuña, Basilisa Fiestras, María Maquieira y Diego Vites que conforman esta Exposición son, xustamente, o froito, a materialización das ideas contidas nas Bases que regulamentaron a convocatoria do certame de Novos Valores en 2016.