Noticias de Hoy
Beleza_Sexto_498
Fecha: 16/02/2018 a 18/03/2018

Exposición: A beleza oculta en Pontevedra

Exposición: A beleza oculta en Pontevedra

Fomentouse o seu interese pola arte e familiarizáronse co proceso expositivo. Os e as participantes seleccionaron as obras, documentáronse sobre elas e identificaron as temáticas que prenden o seu esquema do proxecto. Tamén elaboraron o discurso narrativo e decidiron os dispositivos e elementos desta mostra.

Nesta exposición non se verán cadros pintados polos nenos e nenas de Somos do Sexto, vanse atopar poucos cadros nos que aparezan cativos porque desde o principio se fuxiu do evidente: unha exposición feita por nenas e nenos con temática infantil. Tampouco se fixo unha exposición cronolóxica, porque iso xa está formulado polo Museo. Preferiuse preguntar polos enigmas que expón un tema que suscitaba curiosidade: o que é bonito e por que o é. Non porque a arte se poida medir en termos de fermosura e fealdade, senón porque se ten discrepado moito sobre o subxectivo desta cuestión. Desta discusión naceu o tema arredor do que xira esta mostra: a beleza oculta en roupaxes grises, en invernos fríos e en latas oxidadas. A beleza que xurde nos pequenos detalles cotiáns que cada autor ou autora decidiu contar.

A exposición é a parte visible do que supuxo o proceso de traballo conxunto entre o equipo de Somos do Sexto, porque camiño e destino son caras da mesma moeda.

A montaxe articúlase en tres seccións: espazo, tempo e corpo, co referente da beleza oculta. Con esta mostra, a cabalo entre o didáctico e o ambiental, buscouse que as persoas que a visiten se emocionen, que se fagan preguntas e que formulen as súas respostas. Que o cuestionen todo. Non se desvela toda a beleza porque ás veces é mellor deixar algo sen ensinar.

O comisariado, coordinado por taller abierto, está composto por:

Antía González Arias

Clara Prado Barros

Emilio Basanta Vázquez

Guillermo Lariño Salaberri

Inés Fariña González

Iria Flavia Mesa Zaldívar

Manuela Alfaro Manovel

Manuela Sendín Caneda

Nicolás Rozas Martínez

Nuria García González

Pablo Paz Dias

Pelayo Mesa Zaldívar

Quique Muiños Couto

Beleza_oculta E