Exposición As vidas da auga no Café Moderno Afundación
O Café Moderno Afundación de Pontevedra (praza San Xosé, 3) acollerá a partir do xoves 6 de xullo, a exposición «As vidas da auga», conformada polas imaxes tomadas por Juan Carlos Tomasi en Níxer. A mostra, promovida pola Fundación We Are Water en colaboración con Médicos Sin Fronteras, confórmana 27 fotografías que mostran como a dificultade de acceso a fontes hídricas ten unha negativa repercusión na vida cotiá da sociedade, posto que é directamente corresponsable da desnutrición infantil e do ciclo da fame no país. Por outra banda, a exposición pretende tamén chamar a atención sobre a importancia da auga como tratamento a estas deficiencias. De feito, a estrutura da mostra responde a estes tres puntos temáticos. Permanecerá aberta ata o vindeiro 22 de xullo en horario de luns a venres de 17.30 a 20.30 h e os sábados de 11.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h.