Encontro de Palilleiras 2019 en Pontevedra. A Fieitiña.
Entre as novidades desta edición atoparemos unha mostra homenaxe a Luís Seoane con 17 obra súas realizadas en bolillos por Ana Lista Sebe e 4 cursiños
O evento máis grande de Galicia e o segundo do estado logo de Barcelona, contará con máis de 1250 palilleiras chegadas de Madrid, Murcia, Valencia ou Extremadura entre outras.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Cultura Carme Fouces, recibiron esta mañá á Asociación ‘A Fieitiña’ responsable do tradicional Encontro de Palilleiras que acada en 2019 a súa 14a edición e vén, como destacou Lores, cargada de novidades:” Por primeira vez terá lugar na ponte das Letras Galegas e durará 3 días, aínda que o día grande será coma sempre o domingo. Contará cunha mostra homenaxe ao pintor Luís Seoane, con 17 pezas feitas combinando encaixe contemporáneo e tradicional realizadas por Ana Lista Sebe e están inscritas máis de 1250 palilleiras, convertendoa no encontro máis grande de Galicia”.
Lores apuntou ao prometedor futuro do encaixe , grazas a estes eventos que potencian e lle dan un compoñente económico e artístico. Sinalou tamén a calidade do evento polas súas condicións de accesibilidade á persoas con movilidade reducida e a das propias palilleiras. “Caberían máis, pero preferimos non sobrepasar as 1.300 e que estean cómodas e ben atendidas”, apuntaban dende a organización.
Pola súa banda, Carme Fouces quixo poñer en valor esta “tradición, escola de saberes, transmitida de xeración en xeración polas mulleres. Hai que darlle a categoría de arte e cultura” e manifestou o “orgullo de ser depositarios deste legado”
A presidenta, Esperanza Marín, destacou a organización de 4 cursos os días 17 e 18 de maio, cunha duración de 8 horas cada un en horario de mañá e tarde e sinalou que aínda quedan algunhas vacantes.
- Encaixe moderno (República Checa) con Ana Montesinos
- Guipur policromado con Arzhela le Maitre
- Do lapis ao picado (Encaixe artistic) con Ana Lista Sebe, autora das 17 pezas de
Luís Seoane. - Idrija (Encaixe de Eslovenia) con Esperanza Marín
Cun custo de 50€ por día e inscrición previa en fieitina@gmail.com teñen capacidade máxima para 10 persoas por curso e día. As interesadas deberán levar o seu material de traballo a excepción dos fíos, facilitados pola asociación.
DOMINGO 19 MAIO
- 10.00 h. Chegada ao Edificio do Pazo da Cultura, (Presentación dos ingresos para cambialos por tíckets para a comida).
- 11:00 h Refrixerio.
- 12.00 h Presentación das Autoridades.
- 14.00 h Saída do recinto para xantar (durante o mesmo farase un sorteo de agasallos).
- 16.00 h Reparto de agasallos e diplomas ás Profesoras e Asociacións ou Grupos.
- 17.00 h Sorteo dos regalos, doados polos postos de venta e da Asociación A Fieitiña.