Noticias de Hoy
En plenas facultades II
Fecha: 23/05/2014 a 22/06/2014
Horario: 01:00 a 01:00

En plenas facultades II

En plenas facultades II.

Nesta mostra recóllese a segunda fase do proxecto expositivo En plenas facultades (a primeira estivo aberta ó público no Museo en marzo de 2013). Nela preséntase unha escolma da creación dos profesores de Belas Artes.

As reservas de traballo artístico de primeira liña que nos ofrece o profesorado da Facultade de Belas Artes resultan practicamente inesgotables e desbordan en moitos aspectos o espazo físico dispoñible polo que a relación de profesores-artistas presentes na exposición tivo que quedar reducida a trece participantes.

A exposición é froito da estreita colaboración entre a Deputación de Pontevedra, o Museo Provincial e a Facultade de Belas Artes que unen intereses comúns arredor das expresións da nosa cultura.

O catálogo que se edita con este motivo recolle as obras que se mostraron en ambas edicións.

Poderá visitarse no Sexto Edificio do 23 de maio ó 22 de xuño.

Web: www.museo.depo.es