Do 27 de setembro ao 18 de decembro de 2013
Ciclo En Paralelo: Noites de Literatura e Cine en Pontevedra
O 27 de setembro iníciase unha nova fase do ciclo En Paralelo: Noites de Literatura e Cine, que consiste na intervención mensual dun escritor que reflexionará sobre o xénero literario que define a súa obra ou algún aspecto do mesmo. Esta charla será complementada á semana seguinte coa proxección dunha película relacionada co tema tratado.
As actividades celebraranse no salón de actos do Sexto Edificio ás 20 h. A participación é libre é gratuíta ata completar aforo.
Ata finalizar este ano 2013, o programa é o seguinte:
27 de setembro de 2013: Conferencia a cargo de Javier Olivares: Isabel: la historia y las historias
2 de outubro de 2013: Proxección da película Shakespeare in love (John Madden, 1998)
18 de outubro de 2013: Presentación do libro Luisa y los espejos, de Marta Robles
23 de outubro de 2013: Proxección da película El inocente (Luchino Visconti, 1976)
8 de novembro de 2013: Conferencia a cargo de Domingo Villar: Escribir novela negra
12 de novembro de 2013: Proxección da película El sueño eterno (Howard Hawks, 1946)
11 de decembro de 2013: Conferencia a cargo de Javier Sierra: El maestro del Prado
18 de decembro de 2013: Proxección da película El Molino y la cruz (Lech Majewski, 2011)
Web: www.museo.depo.es