‘Poesis’ é un libro-cd que recolle 160 poemas creados pola autora entre 1990 e 2014. Algúns destes poemas en catro linguas (galego, portugués, francés e castelán) convertéronse en cancións grazas a colaboracíon dos cantautores Manoele de Felisa, Gustavo Almeida, Cédric Lezais e Luis Quintana.
O libro está prologado pola escritora e académica Fina Casalderrey e a capa está Ilustrada coa obra de Antón Sobral ‘Horizonte XXIV’.
Na presentación Elisabeth Oliveira estará acompañada de Tamara Andrés (escritora e traductora) e dos cantautores Manoele de Felisa, Gustavo Almeida, Cédric Lezais.