Noticias de Hoy
desconcerto na praia 2019
Localidad: A Illa de Arousa
Fecha: 22/06/2019
Horario: 14:00

Desconcerto na Praia 2019 na Illa de Arousa

Desconcerto na Praia 2019 na Illa de Arousa.

O sábado 22 de xuño, o Desconcerto na Praia volve á Illa de Arousa na súa sétima edición. Desconcierto Cultural trae un ano máis o evento de balde que, cunha mostra dalgunhas das mellores novas bandas galegas, da o pistoletazo de saída ó verán.

Desconcerto na Praia é unha xornada de concertos con algunhas das máis interesantes novas bandas galegas, nun recóndito e paridisíaco recuncho da Illa. Unha xornada chea de música, praia, natureza, e como non, estando na Illa, mexillóns, churrasco e demáis viandas estivais.

Este ano volvemos ó chiringo “O Faro”, que estreamos na pasada edición. Situado a pé de praia, nunha finca que permite gozar cómodamente dos concertos,  acampar, durmir a sesta baixo unha boa sombra e comer e beber a gusto.

Desconcerto na Praia discorre ao longo de todo o día. Comezaremos cunha boa pinchada a mediodía que nos acompañará ata o comezo dos concertos á tardiña, para rematar ben entrada a madrugada. O evento é de balde. Sen embargo, agradeceriamos que fixeras unha pequena aportación2 € nada máis!) a través deste enlace. Esta aportación non é necesaria para asistir, pero con ela contribuirás a que podamos seguir organizando próximas edicións do Desconcerto na Praia. Se queres vir pero non podes facer esta aportación, preme aquí. Deste modo, poderemos ter unha estimación do número de asistentes. Non vaia quedalo chiringo sen cervexa...
Se queres vir a acampar, cousa que podes facer dende o venres, tes que reservar a túa plaza aquí. Esta reserva ten un cargo de 3€, que usaremos para contribuir á limpeza da finca tralo evento.

“Vale co rollo… ¿quen toca?" Todo ao seu tempo. Nuns días anunciaremos nas redes sociais o cartel, formado por excitantes  novas propostas galegas