Deporutas BTT en Pontevedra
A DepoRuta 2017 é unha ruta circular para bicicleta de montaña que combinan a práctica deportiva coa descuberta da paisaxe e da etnografía das vilas interiores da provincia de Pontevedra. A DepoRuta Sabucedo achéganos á comarca de Tabeirós-Terra de Montes e
Cun percorrido de 30 km., as rutas presentan un nivel de dificultade alcanzable para as persoas que se están a iniciar na bicicleta de montaña. Tamén están dirixidas a aquelas persoas que queiran descubrir novos espazos nas que practicar ciclismo.
DOMINGO 29 DE OUTUBRO
A DepoRuta Sabucedo permite coñecer corredoiras, camiños agrícolas e vilas de Tabeirós-Terra de Montes, onde se conservan bosques tradicionais galegos e mostras de etnografía. É unha ruta circular de 30 km cun desnivel acumulado de 750 m, que non require dunha gran forma física. Punto de encontro e de partida: zona da igrexa de Sabucedo.
Inscrición do 2 ao 16 de outubro de 2017.