Noticias de Hoy
Curriculum Vitae
Fecha: 19/12/2013
Horario: 21:00

Curriculum Vitae

Redrum Producciones presentan Curriculum Vitae en Pontevedra

Comedia sobre entrevistas de traballo na que asistiredes, a través da invisible cuarta parede dunha oficina, a esas “curiosas” escenas que teñen lugar entre dúas persoas, cando unha delas está sendo xulgada pola outra para acceder a un posto de traballo.

A Compañía

Redrum Producciones é unha compañía de teatro creada no 2009 por mozos procedentes de diversos campos do sector audiovisual e que nace coa clara intención de ofrecer alternativas creativas que axuden ó desenvolvemento da industria teatral galega.

Redrum aposta por conxugar grandes valores da nosa escena con novos creadores cunha visión innovadora e arriscada. Entre as máximas da nosa compañía está a posta en escena de espectáculos pensados para o divertimento do público, primando a claridade nas historias sen esquecer un coidado concepto artístico.

A nosa primeira montaxe “A Pensión", protagonizada por Rosa Álvarez foi un éxito de público e crítica. Na actualidade estamos a percorrer a xeografía galega co noso espectáculo infantil "Moito Conto" unha obra de teatro 100% ecolóxica.

Web: www.redrumteatro.wix.com

servinova
⚙ Configurar cookies