Noticias de Hoy
culturgal 18
Fecha: 30/11/2018 a 02/12/2018

Culturgal 2018 de Pontevedra

Culturgal 2018 de Pontevedra, la Feria de las Industrias Culturales.

Culturgal, que chega a súa décimo primeira edición do 30 de novembro ao 2 de decembro, enche todo o recinto do Pazo da Cultura de Pontevedra de expositores e actividades. Unha cita ideal para coñecer todo o que virá en libro, cine, teatro ou música e, por que non, para adiantar as compras dos presentes do Nadal. Máis de 80 stands e máis de 120 actividades durante os 3 días de Feira congregan anualmente a preto de 15.000 persoas en Pontevedra. Para todos os públicos, así é Culturgal.

A Feira conta con varias áreas e escenarios nos que se desenvolve a programación: a Carpa para os directos de música, o espazo Libro no que conversas, debates, sinaturas e presentacións danlle protagonismo á produción literaria, o escenario Infantil dedicado ao público máis novo cunha chea de espectáculos durante os tres días ou o Foro, un espazo heteroxéneo que o venres se centra en programación dirixida a profesionais da cultura.

En 2018, por segundo ano consecutivo, o Espazo de Arte Contemporánea, que ocupará a Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra, suma perto de mil metros cadrados máis á superficie habitual da Feira, aos máis de catro mil oitocentos metros cadrados do recinto feiral pontevedrés.

Ademais exposicións, programación nos propios stands, moitas sorpresas e espectáculos especiais no Auditorio do Pazo. Carlos Núñez en directo será o protagonista da noite do sábado 1 de decembro na Feira coa súa xira “A Irmandade dos Celtas”, cuxas entradas xa están á venda en ticketea. Na véspera, o venres 30 velada de artes escénicas con Inversa Teatro e a obra “Sofía e as Postsocráticas” e para o domingo 2 de decembro hai dúas propostas seleccionadas para público familiar: OVIRAVAI con “Paio e o poder da música” e Xoán Curiel con “ A casa do terror”.

Así mesmo en 2018 Culturgal estrea área gastronómica, con mesmo horario de funcionamento que a Feira. Consulta os packs familiares e aforra na túa visita á Feira. Tes toda a info dispoñible en www.cultur.gal, onde xa atoparás as entradas á venda, tamén para vir a Culturgal en autobús desde Ourense, Lugo, Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela.
Culturgal é unha asociación de asociacións. En concreto, reúne as asociacións máis representativas do sector cultural en Galicia: Asociación Galega de Editoras (AGE), Escena Galega, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), Asociación Galega de Empresas da Música (AGEM) e Empresas Galegas dedicadas á Tecnoloxía (EGANET).

A Feira conta co patrocinio principal da Xunta de Galicia, así como cos patrocinios do Concello de Pontevedra e Deputación de Pontevedra. En 2018 ademais coa colaboración especial da Deputación da Coruña e co apoio de Deleite Galego na programación infantil. Benvidas e benvidos a Culturgal 2018!

Programación Culturgal 2018

Venres 30 de novembro de 2018

Espazo Foro
11:00. Ler o mundo. Editorial Galaxia. Con centros de educación secundario. Conversa entre Francisco Castro, autor de Iridium, e Amparo Rodicio, neuropsicóloga da Asociación Alento de Vigo, sobre o Dano Cerebral Adquirido e sobre a diversidade funcional.
17:00. Un neno na emigración e Vasoiras Barreiro. Edicións Fervenza. Presentación de dous contos infantís/xuvenís da autoría de Francisco Álvarez-Koki. Escritos en galego, castelán e inglés. Co autor, Ma Dolores Estévez e Carlos Loureiro.
17:30. Presentación da convocatoria aberta de proxectos “O teu Xacobeo”. Con Cecilia Pereira Marimón, comisariado Xacobeo 2021. A programación do Xacobeo 2021 ábrese á participación e á implicación de todos os axentes sociais, económicos e institucionais de Galicia a través da posta en marcha de proxectos que permitan definir o contido cultural desta celebración desde unha perspectiva ampla, multidisciplinaria e plural. A convocatoria está aberta con tres liñas diferenciadas: para entidades públicas, privadas e sen ánimo de lucro, que poden presentar novos proxectos no ámbito artístico, gastronómico, de patrimonio, de pensamento e espiritualidade, e deportivo.
18:00. Fest Galicia. Resultados da marca e perspectivas de futuro. Agadic-Xunta de Galicia. Con Jacobo Sutil, director da Agadic, e Fran Núñez, coautor dos estudos de impacto para a marca. A Xunta de Galicia puxo en marcha a marca FEST Galicia como nova vía de apoio aos festivais de música galegos e para promocionar o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade, sustentabilidade e responsabilidade social.
18:30. “O galego crea ambiente”. Unha campaña dinamizadora en festivais. Secretaría Xeral de Política Lingüística. Con Xaime Garaboa, responsable da Fundación Galicia Sustentable, e Beatriz Corral, asesora técnica de normalización lingüística da Xunta de Galicia.
19:00. Presentación dos Premios Emprende Gaiás- Sixto Seco. Presentación de empresas gañadoras. Fundación Cidade da Cultura. Con Ana Isabel Vázquez Reboredo, directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, e Berta Álvarez Buylla-Falces, responsable do Centro de Emprendemento do Gaiás . Os Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco consolídanse, logo de seis edicións, como unha das apostas estratéxicas da Cidade da Cultura para favorecer a creación de novas empresas e de emprego no sector das industrias culturais e creativas de Galicia.
19:30. Máis que ver. Cen historias do deseño en Galiza. Xerais. Con Pepe Barro, autor. Presenta: Fran Alonso.
20:00. “Cashless + RFID. Avanzando cara o futuro” e “Book & Roll. Xestiona os teus artistas”. Play Plan. Con Joaquín Costa Marco, cofundador e xerente Casfid Servicios Tenológicos, Andrés Lamosa, produción Festival SonRías Baixas e Jordi Lauren, director Festival SonRías Baixas.
20:45. Presentación do ciclo Musigal. Deputación de Pontevedra

Espazo Libro
11:00. Acto inaugural 11a Culturgal.
17:30. Presentación de DX de Elí Ríos. Urco Editora. Con Eli Rios e Andra Jamardo, editora.
18:00. Presentación de A madriña. Edicións Fervenza. Con María Carmen Caramés Gorgal, autora, Xosé Manuel Lobato e Adrián Dono, ilustrador.
18:30. Colección Narrativa K (Kalandraka): coloquio con tradutores/as. Kalandraka Editora. Con Ramón Nicolás, tradutor e crítico literario, Laureano Araujo, profesor e tradutor, Xesús Fraga, xornalista cultural e tradutor, Antía Veres, tradutora, e Xosé Ballesteros, director da editorial.
19:00. La cultura como reserva india de Jorge Linheira.
19:30. Presentación do libro “A xestión cultural en Galicia. Unha visión panorámica e actual”. Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural da USC. Con Marcos Lorenzo e Sergio Lago, directores do curso, e autoras/es.
20:00. Presentación “Libros do Ciclo dos Elementos” de María Reimóndez. Xerais. A escritora conversa coas súas lectoras: Ánxela Lema: En vías de extinción, Montse Dopico: Dende o conflito, Mercedes Peón: A música dos seres vivos, Montse Paz: As cousas que non queremos oír.

Espazo Infantil Deleite
11:00. Obradoiro de microbioloxía: Exemplos e actividades con microorganismos da vida cotiá. Organiza UCC CSIC co Grupo de Microbioloxía e Tecnoloxía de Productos Mariños do IIM-CSIC.
17:45. Sesión de Contos:Contos ricos con Sabor a Bicos. Kumon Educación. A partir de 3 anos
18:30. Lambetadas.Talía Teatro. Presentación do novo espectáculo dirixido por Diego Rey con Artur Trillo e María Ordóñez como intérpretes.
19:30. Presentación da obra "A fada pirata" e representación teatral. Gañadora do Premio "O Facho" de Teatro. Edicións Fervenza. Con Estefanía Bustabad, Pablo Nuñez, Carlos Labraña e Paula Castro.
20:30. Lola e as 21 vacas. Contacontos e obradoiro de monicreques. Triqueta Verde. Con Marisol Mascato e Blanca Millán, ilustradora.

Carpa
11:00. Entrega de premios do certame de dinamización lingûística Nós tamén creamos! Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa CRTVG e OQO Editorial. Un certame de curtas de animación con centros de ensino de infantil e primaria.
18:00. Barahúnda presenta o seu cuarto disco. Con Helena de Alfonso, cantora; Jose Lara Gruñeiro, guitarra e voces; Jose Luis do Pico Orjais, multiinstrumentista.
19:00. Pablo Castaño Quartet: "A la-láa". aCentral Folque. Con Pablo Castaño, saxofón, Max Gómez,batería, Paco Charlín, contrabaixo, e Marcos Pin, guitarra.

Outros espazos
10:00. Xornadas Profesionais de Escena Galega. “A escena galega no futuro: melloras para a xestión e creación e búsqueda de alianzas estratéxicas.SALÓN DE ACTOS mañá e tarde.
11:00. Situaciòn actual das cooperativas de ámbito cultura e opcións de futuro. Espazo coop. AULAS
21:30. Sofía e as Postsocráticas. Inversa Teatro. Preestrea. Directora: Marta Pérez. Con María Roja, Silvia Penas e Marta Pérez. Entradas en www.ticketea.com. Auditorio do Pazo  Cultura. Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato. A partires de 3 personaxes en escena: Sócrates, Platón e Aristóteles (interpretados por mulleres) trátase de buscar un novo logos, é dicir, un novo patrón interpretativo da realidade no que poidamos facer o cálculo do que é ou o que noné violencia machista.

Sábado 1 de decembro de 2018

Espazo Foro
11:00. Presentación da Plataforma de préstamo dixital e do club de lectura dixital. Deputación da Coruña
12:00. Presentación dos novos libros de Bieito Iglesias e Ursula Heinze. Aira Editorial. Cos autores, César Lorenzo Gil (editor) e Xulio Gayoso, ilustrador.
12:30. Entrega do Premio Xela Arias a María Alonso Seisdedos. AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación)
13:00. Deica! Creacións. 5 anos ilustrando o país. Con Iria Ribadomar, creadora e ilustradora.
13:30. Presentación ferramenta lingüística. Asociación PuntoGal e Proxecto Trasno. Con Dario Janeiro, director xeral de PuntoGal, e Antón Méixome, presidente de Proxecto Trasno.
14:00. Presentación do proxecto Camiño Escena Norte. Escena Galega. Con Belén Pichel (Escena Galega), Sergio Gayol (EscenAsturias), Begoña García e Carlos Troyano (ACEPAE), Amaia Ibáñez (Eskena) e Diego V. Meizoso (coordinador do proxecto)
16:30. Recital de Celia Parra ao redor de Pantallas. Editorial Galaxia. Coa autora e Francisco Castro, editor.
17:00. Presentación do I Premio Maria Victoria Moreno de literatura xuvenil: O bestiaria científico de Anxos Nogueirosa, de Antonio Manuel Fraga, Urco Editora. Con entrega do premio.
17:30. Presentación da revista de BD “A Viñeta de Schrödinger”. A Mesa pola Normalización Lingüística.
18:00. Familia Vázquez TV. Unha familia xorda, divertida e artista que fala lingua de signos e vén á Feira a presentarnos a súa canle. Finalistas de YouTubeir@s 2018, os tres -nai, pai, fillo-son actores e actriz de teatro e curtametraxes e propoñen un xogo co público no que gañaremos sabedoría ao redor da lingua de signos!
18:30. Presentación do número nove da revista Ad Limina. Xunta de Galicia. Presenta: Francisco Singul, responsable da área de cultura xacobea da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.
19:00. Conversa sobre políticas culturais para a igualdade de xénero. Deputación da Coruña. Con Goretti Sanmartín, Marina Chiavegatto e Silvia Seixas
19:30. Lectura de Vivir sen permiso e outras historias de Oeste de Manuel Rivas. Xerais. Presenta: Fran Alonso.
20:00. Dúbidas reais de adolescentes sobre sexo. Catro Ventos Editora. Con Sabela Iglesias, autora, e Isidro Dozo, editor.
20:30. Premio Literario Nortear. Dirección Xeral de Políticas Culturais. Con Cecilia Fernández Santomé, gañadora do Premio en 2017 e Lara Dopazo Ruibal, gañadora da primeira edición do Premio.

Espazo Libro
11:00. Presentación do XXXVIII Caderno Ramón Piñeiro. María Victoria Moreno: homenaxe. Secretaría Xeral de Política Lingüística.
11:30. As pedras que facían viño. Viaxe polos milenarios lagares rupestres de Galicia. Co coautor e editor Luis Padín. Axencia Turismo de Galicia-Xunta de Galicia.
12:00. Presentación dos Premios Torrente Ballester e Raíña Lupa. Deputación da Coruña. Con Goretti Sanmartín, Francisco Castro e Antonio Piñeiro.
12:30. Presentación do novo volume da colección Mulleres Bravas da nosa historia. Pepa, a loba de Ledicia Costas. Urco Editora. Coa autora, Eva Agra, ilustradora, e Andrea Jamardo Seijo, editora.
13:00. Didáctica da lingua e da literatura galegas. Edicións Fervenza. Con Xulio Pardo de Neyra, Marica Campo e Xosé Manuel Baamonde.
13:30. Presentación da Colección 10x15. Poesía. Tulipa Editorial. Con Isabel Patiño, directora da editorial e os poetas Juan Bello, Vicente Sebastián, Sara de Sousa e Man Li.
16:30. Ti non es de aquí?. Presentación do xogo de mesa. OZOCOgz. Con Eladino Cabanelas.
17:00. Presentación da colección de pensamento Alicerces. Através Editora. Cos autores Natalia Poncela e Jorge G. Marín; presenta Teresa Crisanta V. Pilhado, codirectora Através Editora
17:30. Comerei as miñas propias palabras. Acción poética de Lucía Aldao a partir do poemario Todo isto antes era noite. Apiario
18:00. Presentación do primeiro poemario en galego de Luis García Montero: Cincuenta poemas. TulipaEditorial.
18:30. “O meu nome é Vigo, unha cidade sen piedade”. Xerais. Conversa entre Pedro Feijoo, autor de Sen piedade e Manuel Esteban, autor de O meu nome é Ninguén.
19:00. O puño e a letra. Antoloxía do cómic poético. Xerais. Entrevista de Susana Pedreira con Yolanda Castaño e Kiko da Silva, autores.
19:30. Presentación de Man. Kalandraka Editora. Con Carmen Hermo, artista e autora do libro, e Manuela Rodríguez, directora editorial.
20:00. Conversa de Susana Pedreira sobre A balada dos unicornios con Ledicia Costas (Premio Lazarillo 2017). Xerais.
20:30. Conversa de Susana Pedreira con Ana Cabaleiro sobre a novela As Ramonas (Premio Manuel García Barros 2018). Editorial Galaxia.

Espazo Infantil Deleite
11:00. Ciencia á Feira. Adiviñas, xogos, retos e obradoiros científicos con extracción de ADN e microbioloxía, acompañados da presentación dun videoxogo matemático. CSIC Galicia e Divulgacción.
16:30. Contacontos “Elisa no mundo das marabilllas”. APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral).
17:00. Conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Secretaría Xeral de Política Lingüística. Con Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, María Carmen Puga, vicepresidenta da Asociación Juan XXIII, Diego Chapela, coordinador de programas culturais e Francisco Castro, director de Galaxia.
17:30. A voar. Presentación do libro disco de Cé orquestra pantasma. Miudiño S Coop. Galega.
18:15. Contacontos e pintura con “Roger, o rato e o misterio das manchas”. Triqueta verde. Con David Lorenzo, ilustrador.
19:00. Obradoiro de cociña de Diana Fernández e David Díaz, autores do libro Cociñando con bolboretas no bandullo. Xerais.
19:45. Presentación Don Ferretín Ferretón e o seu cadelo lambón de Cristina Corral Soilán e ilustrado por Aurora Cascudo Román. Barafunda.
20:30. Conta forte, conta piano. Contacontos con música en tempo real con Silvia Penas, voz, e Susana Otero, piano.

Espazo Carpa
12:00. Quero Cantar. O concurso de canción infantil, que desenvolve a súa terceira edición este outono, sube ao escenario da Feira cos grupos gañadores en directo. Deputación da Coruña.
13:30. Mielitza. Presentación do disco “Unha illa”. Con Carla López Vázquez, voz, guitarra, Iago Mouriño Román, piano, teclados, Pablo Pérez, baixo, e Bruno Couceiro, batería.
16:30.Pablo Diaz en concerto: Coas miñas mans. Editorial Galaxia.
17:30. Charo Pita en concerto: No país do vento. Editorial Galaxia.
18:30. Amores fratricidas. Presentación do segundo disco de Factoria de Subsistencia. Con Josito Porto, voz e guitarra, Sabela Dacal, acordeón, piano e coros, José Lameiras, batería, e David Cid, baixo eléctrico.
19:30. Antilia en concerto. Con María Costas, voz, Jose Churruca, guitarra e coros, Pablo Vidal, baixo e coros, e Antonio González, batería.
20:30. NAO presenta o disco “Ata que o lume se apague”. Seispés Producións Creativas. Con Amós Varela López, Antón Díaz Fernández, Gustavo Brea Torres e Pablo Carracedo Goldar.

Espazo Arte Contemporánea
12:00. Obradoiro Cidade de Nadal. Fundación Cidade da Cultura. A partir de 4 anos. Inscrición na recepción da Feira. A Cidade da Cultura de Galicia converterase este Nadal nun grande escenario ornamental de luz e cor. Quen se achegue á nosa Cidade de Nadal poderá asistir a diferentes obradoiros. E para Culturgal, quixemos traer unha pequena mostra dun deles, no que se usarán elementos naturais (froitas) para adornar as nosas árbores e os nosos fogares.
13:00. Presentación de Escenas do Cambio 2019. Fundación Cidade da Cultura. Con María Pereira Otero, directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura de Galicia, e representantes de compañías participantes convidadas.
13:30. Lugares de Vari Caramés. Fabulatorio. Con Vari Caramés, fotógrafo e autor e os editores e deseñadores Suso Vázquez e Cibrán Rico.
17:30. Mulleres mirando Mulleres. Arte a un Click Conecta S. Coop.
18:00. Presentación das exposicións do Museo Centro Gaiás. Cidade da Cultura de Galicia. Con Ana Isabel Vázquez Reboredo, directora Xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia; Verónica Santos Farto, comisaria da exposición Pensar coas mans (Departamento de Exposicións da Cidade da Cultura de Galicia) e Miguel Anxo Seixas Seoane, comisario da exposición Castelao Maxistral. A boa obra ao mestre honra.
18:45. Estado sólido. Colectivo LAG. Acción coas artistas Lara Buyo e Ana Corujo .
19:45. Presentación libro "Anónimas, retratos de musas cotiás". Con Gemma Marqués, ilustradora, e Dolores Costas, escritora.
20:30. Apo'strophe.Arte. Plataforma de visibilización da arte e dos artistas de toda as disciplinas e creadora do Certame de Arte Contemporánea PLASTIKA. Con Álvaro Rodríguez Pérez, Sara Pérez Bello e Elena Bangueses

Outros espazos
12:00. Pequefilmes: proxección das curtas gañadoras do Festival Infantil de Curtas: Awakers (a partir de 4 anos) e Les Pionniers de l’Univers (a partir de 8 anos). Agadic-Xunta de Galicia. Salón de Actos. As persoas asistentes a Pequefilmes, certame que organiza a Cidade da Cultura de Galicia, poden puntuar á saída das diferentes sesións a súa curtametraxe favorita. Entre todos os votos emitidos, decídense as dúas curtas gañadoras segundo as dúas categorías de idade. En Culturgal queremos amosar os dous traballos seleccionados polo público na última edición: a checa Awakers e a francesa Les Pionniers de l’Univers. SALÓN DE ACTOS
12:00. Obradoiro de banda deseñada. Deputación da Coruña. Con Bea Lema. Previa inscrición na recepción da Feira. ESPAZO GASTRO
16:30. Proxección de A batalla descoñecida. Asiste Juan De Dios, produtor. Salón de Actos
17:00. Obradoiro de banda deseñada. Deputación da Coruña. Con Bea Lema. Previa inscrición na recepción da Feira. ESPAZO GASTRO
18:00. Proxección do documental "Tecido resistente" de Marina Chiavegatto. Deputación da Coruña. SALÓN DE ACTOS
18:30. Obradoiro de banda deseñada. Deputación da Coruña. Con Bea Lema. Previa inscrición na recepción da Feira. ESPAZO GASTRO
19:00. A estación violenta. Dirección: Anxos Fazáns. Película. SALÓN DE ACTOS
21:30. Carlos Núñez en concerto: A Irmandade dos Celtas. Entradas en www.ticketea.com. AUDITORIO PAZO DA CULTURA

Domingo 2 de novembro de 2018

Espazo Foro
11:15. Presentación do Festival Internacional de Maxia Infantil de Marín.
11:30. Mesa redonda: “A conveniencia das coleccións de literatura infantil con perspectiva de xénero” e presentación das obras gañadoras do I Premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade. Baía Edicións. Con Ana Luisa Bouza e Montse Pena Presas, representando o xurado, as autoras gañadoras Antía Yáñez (A reconquista) e Sabela Losada (Vermella), así como Belén López Vázquez como editora convocante.
12:00. Presentación do libro-disco “A comuna del Barruzo”. aCentral Folque. Presentan: Ugia Pedreira, voz, pandeireta, Abel Pérez, acordeón, Pierrot Rougier, frauta, cordofones.
12:30. Galaicos, un pobo entre dous mundos. Alvarellos Editora con Deputación de Pontevedra.
13:00. Presentación novos proxectos Praza.gal. Fundación Praza Pública. Co director de Praza.gal, David Lombao, María Yáñez e colaboradores.
13:30. “O proceso da tradución literaria”. AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación).
17:00. Presentación de Kalandraka TV, canle de televisión dixital sobre literatura infantil e xuvenil. Kalandraka Editora. Con Xosé Ballesteros, director de Kalandraka, José Miguel Sagüillo e Bea Campos, realizador e presentadora da canle.
17:30. Presentación do acto sobre a recuperación do Pazo de Meirás. Deputación da Coruña. Con Goretti Sanmartín e Artur Trillo.
18:15. Presentacion dos gañadores dos premios de dramaturxia Álvaro Cunqueiro e Manuel María. AGADIC-Xunta de Galicia. Avelina Pérez foi a gañadora do XXIV Premio Ávaro Cunqueiro para textos teatrais coa obra Ás oito da tarde, cando morren as nais e Paula Carballeira alzouse co X Manuel María de literatura dramática infantil coa peza Somos os monstros.As dramaturgas galardoadas estarán en Culturgal para recibir os seus galardóns, nun acto no que participarán a presidenta do tribunal, Laura Tato Fontaíña, e o director da Agadic, Jacobo Sutil.
18:45. Entrega do Premio do Público Culturgal 2018.
19:15. Presentación do manual "Bailegramas" de Sergio Cobos. aCentral Folque.
19:45. Lectura de Rosalía Fernández Rial arredor de Bonus track. Editorial Galaxia.

Espazo Libro
11:00. Presentacion de As Pessoas do Drama con Helder Gomes Cancela, vencedor do Grande Prémio de Romance e Novela da Associação Portuguesa de Escritores/Direção-Geral do Livro, Arquivos e Bibliotecas. Camões – Centro Cultural Português em Vigo .
11:30. Muros do Nordés: evento cultural nas rúas de Muxía. Con Lucía Alcaina Romaní, organizadora do evento, e Celtia Sar Rañó
12:00. Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Presentación do cartel da edición 2019 e do autor homenaxeado. Concello de Pontevedra.
12:30. Conversa sobre a tradución de A cámara do sangue de Angela Carter. Urco Editora. Con Emma Pedreira e María Reimóndez.
13:00. Presentación do libro infantil O tempo meteorolóxico. A Mesa pola Normalización Lingüística. Con Miguel Robledo, autor e ilustrador, e Mónica Pazos, coordinadora.
13:30. Conversa-recital entre Celso Fernández Sanmartín e Susana Aríns ao redor dos novos títulos A cama de meu avó e Carne da minha carne. Apiario.
17:00. Conversa con Iolanda Zúñiga e Antón Lopo sobre as súas novelas Natura e Extraordinario (Premio Repsol 2018). Editorial Galaxia.
17:30. Presentación de novo número da revista Contos Estraños e da novela de Tomás González Ahola. Asociación Cultural Contos Estraños Editora. Con Xosé Duncan, responsable da revista, Fernando M. Cimadevila, editor, e Tomás González Ahola, autor.
18:00. Presentación de A Torre, de Antonio Sandoval, primeiro título da colección Vitamina N. Kalandraka Editora. Con Antonio Sandoval, autor e coordinador da colección, Xesús Fraga, tradutor de "A Torre" e "Corredoira", e Xosé Ballesteros, director da editorial.
18:30. Presentación da Biblioteca feminista. Editorial Galaxia. Coas autoras Amada Traba, Carme Adán e Inma López Silva.
19:00. Premios Xerais 2018. Conversa de Ramón Rozas con Emma Pedreira, autora de Besta do seu sangue Premio Xerais de Novela 2018, Héctor Cajaraville, autor de Kusuma, Premio Merlín de Literatura Infantil 2018 e Carlos Negro, autor de Aplicación instantánea Premio Jules Verne 2018.
19:45. Conversa entre Francisco Castro, autor de Iridium, e Elisabeth Oliveira. Editorial Galaxia.

Espazo Infantil Deleite
11:45. A fiestra máxica. Presentación do conto infantil musicado con Jose Carballido, guitarra eléctrica e voz, Daniel Añón, guitarra acústica, Diego Lestón, caixón e pequena percusión, e Rosa Martínez, narración.
12:30. Kalandraka TV: Obradoiro infantil de creación audiovisual. Kalandraka Editora. Con José Miguel Sagüillo, realizador de Kalandraka TV, e Bea Campos, presentadora de Kalandraka TV. Límite: 20 prazas.
13:30. Presentación do álbum ilustrado PUFF! VAIA PEIDO. Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes de Luisa Martínez Lorenzo. Editorial Galaxia.
17:15. Guendufe o anano. Edicións Fervenza. Con Juan Andrés Fernández, Luís Reimóndez, Gabriel Iglesias, Rosa Costas e Valentín García.
18:00. A maxia divertida do Mago Paco.
18:45. Viaxe no tempo con «As mulleres e os homes”. Contacontos ao redor do libro do equipo Plantel e a ilustradora Luci Gutiérrez.Catro Ventos Editora. Con Silvia Penas, narradora.
19:30. Presentación de Macedonia de versos e de Pim Pam Pum. Aira Editorial. Con Concha Blanco, autora, Lidia Nokonoko, ilustradora, Pablo Otero, autor, e César Lorenzo, editor.Carpa
12:30. Voces de Arrieiro. Concello de Ponteareas. Música popular en directo con este grupo de grandes voces masculinas.
13:30. Pablo Sanmamed Trío presenta disco “16-04”. aCentral Folque. Con Pablo Sanmamed, contrabaixo, Iago Mouriño, piano, e Bruno Couceiro, batería.
17:30. Cintaadhesiva. Con Jesús Andrés Tejada, música, Silvia Penas Estévez, voz, textos.
18:30. Vudú en concerto: presentación de novo disco. PlayPlan. Con Belém Tajes, teclados, loops, percusión e voz, e Maritxinha, baixo e loops.
19:30. Brais Morán en concerto: presentación de “No mato do desespero”. Con Brais Morán, guitarra e voz, Francisco Sanz Freire, baixo, Marcos Pazo Couto, batería, Manuel José Seoane Méndez, guitarra.

Espazo Arte Contemporánea
12:00. Obradoiro de arquitectura: En construción. Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) 25o aniversario. Neste obradoiro de arquitectura impartido polo educador Santiago Chenlo os participantes construirán maquetas nas que poderán idear un museo ao seu antollo. Recomendado entre 6 e 11 anos. Prazas limitadas: 15. Inscrición gratuíta por orde de chegada en información.
13:30. Presentación A Colectiva. Asociación Profesional de Artistas de Galicia. Con Belén Montero, secretaría, Iria Vázquez, vicepresidenta, Eva Mendoza, vogal e as artistas plásticas María Meijide e Melania Freire.
17:00. Contacontos con Celso Fernández Sanmartín.Contar por amor á arte. 25 aniversario Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Recomendado para persoas adultas. Da man do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o contador de historias e filósofo Celso Fernández Sanmartín narrará unha historia arredor dos museos e da arte facendo gala da máis entretida, dinámica e interesante tradición oral popular.
18:00. Presentación do libro Baila comigo ata a final do amor de Antón Sobral.
18:30. Asociación de mulleres artistas. Asociación 85C. Con Marcia Vázquez, presidenta, Eva Comesaña, vicepresidenta), Paula Herrero, secretaria) e Nuria Vilán, tesoreira.
19:30. Reclusa parda. Peza de danza. Con Eva Comesaña e Marcia Vázquez.

Outros espazos
12:00. Concerto de OVIRAVAI: Paio e o poder da música. Editorial Galaxia. O teixugo máis querido volve con novas aventuras. Con Suso Feixón, Xacob Welicki, Verónica Santalices, Carlos Gil, Erika Welicki, Federico Welicki, Iván Davila e Noa Covelo. Espectáculo especial de pago: prezo 5,50. Entradas en www.ticketea.com. AUDITORIO PAZO DA CULTURA
17:30. Obradoiro Que se agocha tras o pano? Centro Dramático Galego. Entre 5 e 13 anos. Inscrición na recepción da Feira. Con este taller a cargo de Elea López —cheo de monicreques, teatro de sombras e moitas cousas máis— preténdese achegar de xeito lúdico as nenas e os nenos ao teatro, onde podemos xogar a ser outras persoas e descubrir diferentes xeitos de nos comunicar. Habitualmente, este obradoiro ten lugar os domingos nos que hai función de espectáculos de produción propia do Centro Dramático Galego (CDG) na súa sede do Salón Teatro de Santiago de Compostela. Son os ‘Domingos de conciliación’, nos que os maiores poden gozar da función mentres a rapazada descobre o mundo das artes escénicas e
moitos dos seus segredos. AULAS
18:00. Concerto de Xoán Curiel: A Casa do Terror. Editorial Galaxia. Esta casa está chea de monstros e pantasmas que te sacarán a bailar e te farán rir e desfrutar. Ten coidado porque non desexarás saír desta aventura. Espectáculo especial de pago: prezo 5,50. Entradas en www.ticketea.com. AUDITORIO PAZO DA CULTURA
18:00. Proxecciòn de Dhogs. Con María Costas, actriz, e Laura Doval, produtora executiva. SALÓN DE ACTOS

Ademais na Culturgal 2018:

Non te perdas a experiencia itinerante Busca o globo! do sábado 1 pola tarde entre as 17h e as 19h: “Charlas de Ciencia baixo un 7 parroquias” de Divulgacción.Varios paraugas andan soltos pola feira!

Se te resgardas debaixo deles poderás escoitar interesantísimas charlas de matemáticas,
neurociencia, oceanografía ou microbioloxía e humor cun toque de ciencia. Busca o globo branco!

E ademais “Ciencia Cidadá: Percepción de risco coa Rede Galega RISEGAL” (IIM – CSIC) Sabes que son os riscos emerxentes? Varios grupos de investigación de diferentes institucións galegas están traballando na identificación de riscos emerxentes na cadea alimentaria. Para conseguilo precisan coñecer a percepción da sociedade. Necesitan a túa colaboración. Busca os globos vermellos!

En 2018 podes visitar dúas magníficas exposicións na Feira: “DAC. Artistas Mulleres de Colección. Fondos do Patrimonio da Deputación da Coruña” no Espazo Arte Contemporánea, e “Fotografía en Curso. Retrato da nosa contorna”, mostra ao redor do programa pedagóxico de creación do mesmo título do CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe)-Filmoteca de Galicia.

Anota ademais: Culturgal 2018 conta cunha bebeteca dirixida a crianzas de 0 e 3 anos con Gaia Ecocrianza e un espazo de xogos populares a cargo de Miudiño S. Coop. Galega.

EXPOSITORES NA CULTURGAL 2018
1-2. CRTVG
3. Pilar Piñeiro Cerámica
4. Marío López Joyería de Autor
5. Chorima
6. Eferro
7. Deica Creacións
8. Montse Betanzos
9. Mico
10. Paseloqpase
11. Sanín Percusión Tradicional
12. Editorial Galaxia
13. Revista Luzes
14. Libraría Cartabón
15. Contos Estraños
16. Livraria Traga-Mundos
17-18. AGE (Asociación Galega de Editoras)
19. Xerais
20+21. Concello de Carballo
22-24. Libraría Paz/Librería Seijas
25. Tulipa Editora
26-28. Espazo Lector Nobel
29. AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación)
30.Apiario
31.Através Editora
32. Edicións Embora
33-34. Libraría Pedreira
35. Carlos Meixide/Óscar Losada
36-38. Aira Editorial/Punto e Coma
39. Chan da Pólvora Editora
40. Dispara / Tono Arias
41. Fabulatorio
43. Irmás Cartoné
44. Catro Ventos Editora
45. A Mesa pola Normalización Lingüística
46-48.Consorcio Editorial Galego
49. Editorial Canela
50. Triqueta Verde Editorial
51. Xunta de Galicia / Agadic
52.Concello de Pontevedra
53. Deputación da Coruña
54-56.Edicións Fervenza
57-60.Urco Editora
61+62. Economía Social de Galicia
63. Asociación PuntoGal
64+65. Escena Galega
66. Talía Teatro
67. APAMP. Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral
69. O Mago Paco
70. Fundación Praza Pública
71. Associaçom Escolas de Ensino Galego
72. Sermos O Diario Galego
73-74. Miudiño S. Coop. Galega
75. Racataplán
77+78. EASD Pablo Picasso
79. aCentralFolque
80+81. Patakafrita
82. María Meijide
83. Brazolinda
84. Concello de Ponteareas
85. Seispés Producións Creativas
86. Eventbrite
87+88. Cantos na Maré-Rede da Galilusofonía
90. Deputación de Pontevedra
93. Concello de Redondela
94-96. Kalandraka Editora
97. Cestola na Cachola S. Coop. Galega
98. Casal de creación / Cuarto pexigo
99. Alvarellos Editora
100. Kumon
104. Pecados de Compostela
105. Barafunda
108. OZOCOgz Deseño Galego Espazo Arte Contemporánea:
AC1. Museo de Pontevedra
AC2. CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea)
AC3. Bienal de Arte de Cerveira
AC4. Sala Apo'strophe
AC5. Catro Gatos
AC6.Alberto Pena
AC7. Basilisa Fiestras
AC8. La Casa Taller
AC9. Patricia Fornos
AC10. Nove Noel
AC11. Manolo Ebra
AC12. Colectivo LAG
AC13. Carmen Domínguez
AC14. Reme Remedios
AC15. Nemonon
AC16. Kike Ortega

culturgal 2018