Noticias de Hoy
325786_description_ronchi_coll_evento
Fecha: 22/04/2018
Horario: 21:00

Concierto Stefano Ronchi & Marcos Coll en Vigo

Concierto Stefano Ronchi & Marcos Coll en Vigo


Stefano Ronchi & Marcos Coll voltan a Galicia para presentar ó seu primeiro disco Street Preachin, último na longa
lista de Marcos Coll. En directo son puro country blues. Un estilo antigo e conmovedor acercándose á mellor das
tradicions bluseiras misturado con innovacións coma samplers e incluso atrevendose co hiphop. Todo un luxo nun
formato reducido onde Stefano e Marcos mostranse virtuosos e cautivan o público dende o comenzo do concerto
nun espectáculo moi intimista e no que o público remata sendo parte do propio show.

Stefano "Slidin 'Wolf" Ronchi é un guitarrista e cantante de blues italiano.

De Marcos Coll pouco podemos dicir que non se dixera, os seus inicios na Tonky Blues Band ó abandonar Galicia
para buscar fortuna en Madrid, as xiras con Mick Taylor (guitarrista dos Rolling Stones ), Buddy Miles ( Batería de
Jimi Hendrix ou Santana ), o concerto con Tom Jones nunha sala madrileña, a formación dos REYES DEL K.O xunto
con Adrián Costa, e onde comparten escenario con aútenticas lendas como Buddy Gay, Chuck Berry, Jhony Winter,
Robert Cray, John Mayall, Solomon Burke, The Animals, ou Fabulosos Thunderbirds. O seu traslado a Berlín onde
non deixa de xirar por todo o mundo, os Mighty Calacas, e convertirse en endorser e referente de HOHNER, a marca
de armónicas máis importantes do mundo. Marcos hoxe está considerado un dos millores armónicas de Europa,
circuito habitual dos seus directos.