Noticias de Hoy
Nostoc : Bezbog D
Fecha: 19/08/2017
Horario: 21:30

Concierto Nostoc e Bezbog no Liceo Mutante

Concierto Nostoc e Bezbog no Liceo Mutante

Outra noite para experimentar e probar cousiñas novas no teu médico de cabeceira cultural, o Liceo Mutante.

Como vellos coñecidos de La Metamovida, os vigueses Laura Iturralde (VJ e escenógrafa de referencia) e Mateo Mena (compositor, experimentador sonoro e creador de The Hypercubes) veñen de asociarse en @Nostoc , un proxecto audivisual e de inmersión escénica que nos vai dexar co corpo e a mente patidifusas. Na súa montaxe Taxón, a parella investiga a relación entre arte e ciencia, ser humano e natureza nun NON-concerto.
Mira o que se ven enriba: https://vimeo.com/210236254

Os portugueses Bezbog veñen completar unha xornada tecno-épica co seu fiambre de drone de primeira categoría. Dende a súa base espacial de Favela Discos David e Dora retorcen, estiran e rompen as convencións sobre as presentacións e discos de proxectos audiovisuais: un novo nivel.
https://bezbog.bandcamp.com/

Aquí as artistas dando o callo e non retoricamente, solicitando só entre 5 e 8€ (paga o que queiras e podas) para continuar surcando os precarios océanos da arte.

Nostoc: Bezbog E