Noticias de Hoy
malkeda D
Fecha: 11/11/2017
Horario: 22:30

Concierto Malkeda + Artistas invitados en Pontevedra

Concierto Malkeda + Artistas invitados en Pontevedra

Malkeda naceu en 2002 en Pontevedra cun estilo musical persoal e inclasificable; un rock insatisfeito, froito das circunstancias da vida.

“Cumulonimbo” é o terceiro disco de Malkeda, un traballo máis maduro cos seus antecesores pero con toda a forza de sempre, sen deixar atrás o estilo propio do grupo e as súas influencias. O disco está producido por Ángel Paz, ademais para esta ocasión contaron coas colaboracións de grandes amigos, como é o caso de Loko23 (vocalista de Delahoja), Javi Gómez Noya (triatleta profesional), Alberto Cereijo (Los Suaves), David Parcero (ex-Malkeda), Adrián González (nihil)…

O seus estilo é considerado como unha mestura de cada un dos seus compoñentes, xa que varía desde o máis rítmico ao máis duro sempre coloreado con pegadizas melodías de voz. A todo isto súmanse dúas “novas” incorporacións, Adri ao baixo e Ximo á batería, os cales adaptáronse perfectamente á banda e son xa parte desta gran familia que é Malkeda.

Como novidade para este novo proxecto, a banda realizou unha campaña de crowdfunding mediante a plataforma Verkami acadando o obxectivo incicial en menos da metade do tempo estipulado e sobrepasando esa cantidade con fartura ao finalizar a campaña, facendo partícipes aos seus siareiros de todo o proceso que conleva a edición dun disco.

A tormenta chegou... e chámase “Cumulonimbo”.

Malkeda E