Noticias de Hoy
Lidia_Damunt_1
Fecha: 16/10/2017
Horario: 21:30

Concierto Lidia Damunt en Pontevedra

Concierto Lidia Damunt en Pontevedra

Lidia Damunt é unha peza chave da música independente estatal que revoluciou fai xa 20 anos coas Hello Cuca e o fanzine Miau. Dende Murcia recollían o espíritu Riot Grrrl e as influencias de B52s, Chuck Berry e as imprescindibles Bikini Kill.
Despois desta aventura reinvéntase como muller orquestra ou cantautautora rockabilly armada cunha guitarra acústica unha pandeireta no nocello e unha armónica.
Na actualidade vive en Suecia e vén presentar o seu quinto disco en solitario: Telepatía, que recupera a crudeza e a sobriedade dos seu primeiros traballos á vez que dota as cancións dunha gran carga melódica e unhas estruturas máis desenvolvidas, con grande protagonismo da voz e cun gran sentido do humor.