Noticias de Hoy
Fecha: 23/09/2017
Horario: 21:30

Concierto Léonore Boulanger e Mglon no Liceo Mutante

Concierto Léonore Boulanger e Mglon no Liceo Mutante

Habitamos un espazo e un tempo, e as artistas que entenden o tempo que compartimos con elas coma unha ponte entre o pasado e o futuro, dannos moito gusto no Liceo.

A francesa Léonore Boulanger, que está a plantexar unha liña mestra entre o primitivismo, a tradición folclórica e a vangarda tecnolóxica, vai tecendo un fío imaxinario entre ese pasado e ese futuro que enfía ao redor da súa voz, tenue pero constante, suave e forte. Flipa coa súa megatextura, a súa maquinaria:

Por se era pouco, a noite complétase coa presenza do músico e antropólogo Miguel Alonso Cambrón aka mglon. "Folión Drone" e o seguinte paso na súa evolución. A partire da experiencia en "Zunzún: obradoiro de investigación e experimentación en música drone", os seus proxectos colaborativos nos eidos da improvisación libre e en diversas formas de folclore, así coma outros en solitario como "Rocket in my pocket" ou "El niño muerto", xunto coa súa labor de recollida etnográfica e socioacústica na Sociedade Antropopolóxica Galega, xurde un novo proxecto que mistura atmósferas drone-noise con percusión e instrumentación tradicional galegas.

Están aquí por ti, e ti podes estar por eles doando entre 5 e 8€ para que sigan coas súas andanzas e iluminen outros pobos. Sinxelo e de utilidade coma todo o demais no teu herbolario cultural, o Liceo Mutante, que resiste por sexto ano consecutivo en Rosalía de Castro, 100.