Noticias de Hoy
30629638_1623067687807821_3696324534627708113_n
Fecha: 24/04/2018
Horario: 23:00

Concierto Juzz Experience en Vigo

Concierto Juzz Experience en Vigo

JUZZ EXPERIENCE é o formato reducido dos JUZZ, a banda liderada polo guitarrista Virxilio da Silva. Esta apertura de jam session na casa de Arriba, xa un clásico da noite viguesa, será a primeira presentación oficial do seu primeiro disco homónimo. Interpretarán unha serie de composicións orixinais especialmente escritas para a ocasión, que queren mostrar o lado máis intimista e sosegado da ruidosa banda de jazz rock das Rias Baixas. 
Acompañan a Virxilio nesta ocasión, Xan Campos ao Nord Electro; Felix Barth ao baixo eléctrico; Iago Fernández á batería; e algún convidado especial sorpresa que participará na sesión. 
Este concerto enmárcase dentro da xira de presentación do primeiro disco da banda, do que só se fixeron 200 copias en vinilo, unha edición limitada numerada que se poderá adquirir no concerto.