Noticias de Hoy
Fecha: 19/03/2016
Horario: 20:30

Concierto del Cuarteto Caramuxo en Vigo

Concierto del Cuarteto Caramuxo en Vigo.

ticketea

"Arrieiros somos" (Nakra, 2015) é o segundo traballo discográfico do Cuarteto Caramuxo, formación afincada en Vigo e premio "Martín Códax" da Música de Galicia como mellor grupo de música folk na última edición celebrada en decembro do 2014.

Este traballo está composto por dez pezas instrumentais nas que este orixinal cuarteto de seis continúa a liña de reinterpretación da música tradicional galega que iniciaron no seu "Tiruriru" (Falcatruada, 2009) dende un punto de vista contemporáneo afastado dos estereotipos da música folk e que tan boa acollida tivo por parte de público e crítica.

Muiñeiras, xotas, alalás e cantos de arrieiro de fins do século XIX recollidos nunha parte que permanecía inédita do Cancioneiro Galego de Casto Sampedro, son actualizados en mans do Cuarteto Caramuxo a ritmo de jazz, pop, reggae ou funk, cargado de elegancia, virtuosismo e acenos a músicas coñecidas.