Noticias de Hoy
Concierto de Walter Gross en Pontevedra
Fecha: 03/02/2016
Horario: 20:30

Concierto de Walter Gross en Pontevedra

Walter Gross é unha forza da natureza chegado de Baltimore. Realizador de filmes, artista visual e mestre da deconstrución e da reapropiación de beats, o collage sonoro e os ritmos desatados.

A súa abordaxe sen regras mestura nunha axitada cocteleira os ritmos do hip hop, percusións mutiladas, voces distorsionadas, enerxía punk, sons industriais, noise ambiental, dub escuro e sensibilidade pop.

Nunha aposta intensa que o levou a colaborar con xente coma Sole (Anticon) ou Skrapez e xa varias veces de xira polos EUA e Europa.