Noticias de Hoy
141110_cultura_teresa_novoa__large
Fecha: 10/03/2016
Horario: 20:30

Concierto de la Real Filharmonía de Galicia con Teresa Novoa, en Vigo

O Teatro Afundación de Vigo acolle o 10 de marzo o concerto da Real Filharmonía de Galicia, coa soprano Teresa Novoa e Paul Daniel á batuta.

Paul Daniel é o director titular e artístico da RFG desde xaneiro de 2013, e encárgase tamén da dirección musical da Orquestra Nacional de Burdeos. Foi o principal director e conselleiro artístico da West Australian Symphony Orchestra de Perth e director musical da English National Opera e das óperas Factory e North. Entre os premios recibidos destaca un Olivier, un Gramophone, e a Cruz do Imperio Británico, coa que foi recoñecido nos New Year’s Honours de 2000.

Teresa Novoa comeza a estudar música aos oito anos de idade. Dedica os primeiros anos á carreira de piano e continúa coa de canto en Pontevedra e Santiago de Compostela. Posteriormente, trasládase a Madrid para rematar os estudos superiores baixo a cátedra do tenor Pedro Lavirgen, e amplía estudos con mestres tan recoñecidos coma Montserrat Caballé, Jaime Aragal, Danielle Ferro, F. Lavilla ou M. Zanetti. En 2001 gaña o Premio de Honra e o Premio Nacional de Música. É profesora no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) inicia a súa actividade en 1996 no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, onde presenta a súa tempada estable de concertos. Na actualidade, o director da formación é Paul Daniel, quen está acompañado por Maximino Zumalave, director asociado, e Christoph König, principal director convidado.