Noticias de Hoy
maxim 4291__medium
Fecha: 19/05/2016
Horario: 21:30

Concierto de la Real Filharmonía de Galicia con Maxim Emelyanychev, en Vigo

Maxim Emelyanychev estudou dirección de orquestra na Escola de Música Nizhni Nóvgorod, realización con Gennadi Rozhdestvenski no Conservatorio Tchaikovski de Moscova e fortepiano e clavicémbalo coa profesora María Uspenskaya. Nado en 1988 nunha familia de músicos, gañou numerosos premios e concursos internacionais e debutou como director aos 12 anos de idade. Desde entón dirixiu diversas orquestras barrocas e sinfónicas. No campo da música barroca lidera Musica Aeterna Novosibirsk e Il Pomo d’Oro.

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) inicia a súa actividade en 1996 no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, onde presenta a súa tempada estable de concertos. Na actualidade, o director da formación é Paul Daniel, quen está acompañado por Maximino Zumalave, director asociado, e Christoph König, principal director convidado.

Programa

I
MAURICE RAVEL (1875-1937)
Le tombeau de Couperin
Prélude
Fugue
Forlane
Rigaudon
Menuet
Toccata
GABRIEL FAURÉ (1845-1924)
Pavana, op. 50
FRANCIS POULENC (1899-1963)
Capricho para orquestra (arr. Emelyanychev)

II
LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827)
Sinfonía núm. 7 en la maior, op. 92
Poco sostenuto – Vivace
Allegretto
Presto
Allegro con brio