Noticias de Hoy
luis_fernando_perez 2__large
Fecha: 25/02/2016
Horario: 20:30

Concierto de la Real Filharmonía de Galicia con Luis Fernando Pérez, en Vigo

O Teatro Afundación de Vigo acolle o concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel e con Luis Fernando Pérez ao piano.

Paul Daniel é o director titular e artístico da RFG desde xaneiro de 2013, e encárgase tamén da dirección musical da Orquestra Nacional de Burdeos. Foi o principal director e conselleiro artístico da West Australian Symphony Orchestra de Perth e director musical da English National Opera e das óperas Factory e North. Entre os premios recibidos destaca un Olivier, un Gramophone, e a Cruz do Imperio Británico, coa que foi recoñecido nos New Year’s Honours de 2000.

Luis Fernando Pérez realiza os seus estudos musicais en Madrid, Colonia e Barcelona, onde obtén o mestrado en Música Española. Considerado un dos pianistas máis talentosos da actualidade, a súa carreira levouno por importantes escenarios de todo o mundo acadando un enorme éxito.

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) inicia a súa actividade en 1996 no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, onde presenta a súa tempada estable de concertos. Na actualidade, o director da formación é Paul Daniel, quen está acompañado por Maximino Zumalave, director asociado, e Christoph König, principal director convidado.