Noticias de Hoy
141213a 114__medium
Fecha: 03/06/2016
Horario: 21:30

Concierto de la Real Filharmonía de Galicia con Cristina Pato y Esther Viúdez, en Vigo

Cristina Pato é gaiteira, pianista e compositora. A música popular galega, a música clásica e o jazz téñena levado por importantes escenarios de todo o mundo. En 2005 trasládase a Nova York para obter o doutoramento en Musical Arts in Collaborative Piano pola Rutgers University, onde recibiu o premio á excelencia como investigadora e intérprete.

Esther Viúdez é óboe co-principal da Real Filharmonía de Galicia desde marzo de 2000. Obtén o título profesional de Óboe (Premio de Honra) en 1991, e continúa a súa formación en Londres e O Xapón. Ten asistido a numerosos cursos de perfeccionamento con profesores coma E. Abbuhl, E. Martínez, C. Wetzel, S. Schilli ou T. Indermühle.

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) inicia a súa actividade en 1996 no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, onde presenta a súa tempada estable de concertos. Na actualidade, o director da formación é Paul Daniel, quen está acompañado por Maximino Zumalave, director asociado, e Christoph König, principal director convidado.

Programa

I
JAMES MACMILLAN (1959)
The World’s Ransoming
OCTAVIO VÁZQUEZ (1972)
Viúvas de vivos e mortos
Muller
Moderato
Elas

II
PIOTR ILICH CHAIKOVSKY (1840-1893)
Sinfonía núm. 4 en fa menor, op. 36
Andante sostenuto – Moderato con anima
Andantino in modo di canzona
Scherzo: Pizzicato ostinato – Allegro
Finale: Allegro con fuoco